Loading Events
This event has passed.

Bandeando 2025 – Voluntariado xuvenil

Compartir

A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) abre as portas do seu programa de voluntariado BANDEANDO, organizado co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Buscamos persoas maiores de idade e apaixonadas pola música que queiran contribuír a fortalecer e visibilizar as nosas bandas.

O prazo de inscrición está aberto ata o 30 de abril! Non perdas a oportunidade de formar parte desta experiencia. Inscríbete aquí: https://forms.gle/qP4zA5fQPAikuFgb9

Como voluntario/a, terás a oportunidade de:

  • Vivir de preto grandes eventos musicais como as novas edicións do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, do Certame Galego de Bandas ou da Banda Sinfónica Xuvenil Galega, entre outras actividades da FGBMP.
  • Colaborar no funcionamento dunha entidade clave para a música popular galega.
  • Coñecer xente con intereses similares.

Cando se desenvolverá o programa? Do 1 de maio ao 31 de outubro de 2025.

Onde? En diferentes actividades e eventos da FGBMP en toda Galicia.

Queres máis información ou tes algunha dúbida? Contacta connosco no 981 591 895 (WhatsApp) ou en voluntariado@bandas.gal

Temos 15 prazas dispoñibles (garantindo un mínimo para persoas con experiencia previa). Ofrecemos seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes e certificado de participación.