Agrupación musical Atlántida de Matamá

Agrupación musical Atlántida de Matamá

O 28 de decembro de 1991 ten lugar un concerto de presentación da Agrupación Musical "Atlántida" de Matamá, actuación á que lle suceden unha serie de actividades e concertos por toda a comunidade galega, cántabra, valenciana, catalá e norte de Portugal.

No ano 1997 obtén no Certame Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia" o 3º Premio na categoría de bandas superiores a 50 compoñentes, competindo con agrupacións de Hungría, Zaragoza, Italia, Comunidade Valenciana, etc, e tamén nese ano grava o primeiro disco coa colaboración da Radio Galega.

No 2000 recibe o primeiro premio no Concurso de Música Xove organizada pola Xunta de Galicia, celebrada en Sada (A Coruña).

A Agrupación Musical "Atlántida" de Matamá conta dende o seu inicio coa súa propia Escola de Música. 

Na actualidade ten 80 compoñentes e na escola hai ó redor de 75 alumnos/as. No repertorio da Agrupación Musical inclúense todo tipo de xéneros musicais adaptados para este tipo de formación ademais de obras musicais orixinais para a banda. 

O seu director é Enrique Lorenzo Vila.