Banda-Escola de música de Beade
Coutada nº 48 - Beade
bandadebeade@gmail.com
http://bandabeade.com/
669853358
Comeza a súa historia no 1985, pero ata catro anos despois a Banda non conta con profesores especializados, asumindo a dirección D. Javier Comesaña Pereira 1992 e posteriormente durante sete anos D. Julio Vázquez Martínez, que en 1999 cede a batuta a D. Javier Viceiro Filguera ata 2006, cedéndolle ese ano o cargo ó director D. Luis A. González Amosa. Dende 2021 é dirixida por José Rodríguez Ramos.
Participa en diferentes certames a nivel galego e nacional obtendo premios como:
- Certame Galego de Bandas de Música Populares, 3º premio, 1995, 1996.
- Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia, 2º premio, 1996.
- Certamen Nacional de Bandas de Música Villa de Leganés, 1º premio , 1997.
- Certamen Nacional de Bandas de Música Ciutat de Cullera, 3º premio, 2001.
- 1º premio no II Día da Música Xove de Sada, 2001.
- Certame Provincial de Bandas Deputación de Pontevedra: 3º premio, 2001; 1º premio sec 1ª, 2002 e premio á mellor interpretación da obra obrigada; 1º premio e Mención de Honra, 2003, 1º premio sec especial, 2004 e Premio á mellor interpretación da obra obrigada; 2º premio sec especial, 2005, 2º premio secc primeira 2007; 1º premio 2014.
- Certamen Nacional de Campo de Criptana, 1º premio, 2003.
- Certamen Internacional de Bandas de música de cine Vila de Ribadeo, 2º premio, 2003.
- Certame de Bandas de Música Vila de Altea, 1º premio, 2005.
- Certame zonal de bandas de Vigo: 3º premio 2009, 2º premio 2010.
- Certame Galego de Bandas: 1º premio 2010 e 2011.
- Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda, 2º premio 2018.
En 2002 edita un CD no que se recollen diferentes estilos musicais e pezas compostas para banda.
Realizou intercambios coa Banda de Música Manuel de Falla de Alcorcón, Agrupación Santa Bárbara de Piles, Agrupación Gualdim Pais de Tomar, Coro e Orquestra da Escola de Música de Alcorcón, Banda de Música de Pola de Siero de Oviedo, Asociación Musical Iscariense de Iscar e Banda Municipal de Don Benito.
Participou en infinidade de Festivais Musicais de Galicia ( Meaño, Ribadeo, Silleda, Barro, o Rosal...) e colaborou con agrupacións e grupos folclóricos como A Roda ou Muxicas. Realiza concertos didácticos por colexios da zona de Beade.
No 2012 crea a Banda Infantil composta por 25 nenos de 8 a 12 anos e a Banda Xuvenil da Escola de Música, composta por 45 nenos. A Banda Xuvenil ten participado en diferentes festivais e concertos como o Festival de Bandas Xuvenís de Silleda, San Miguel de Oia e o organizado pola propia Banda de Beade.