Banda de música Sementeira de Cambre

Banda de música Sementeira de Cambre

A Escola de Música Sementeira de Cambre comeza a súa andaina en 1978 nas parroquias de Altamira e Anceis, adicándose primeiramente ó ensino da gaita e baile folclórico galego. 

Anos máis tarde, amplía a súa actividade de Vento e Percusión. Na actualidade imparte Linguaxe Musical, Música e Movemento, Piano, Guitarra, Gaita, Vento–Madeira (Frauta, Clarinete, Saxofón), Vento–Metal (Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba) e Percusión.

A banda fai a súa presentación oficial no local A Xuventude de Cecebre o 27 de decembro de 1986, formada e dirixida polo mestre D. Francisco Rivas Andrade ata 2001. Dende entón foi dirixida por D. Francisco Javier Vidal Suárez, mestre solista da Banda Municipal da Coruña.

No 2005 nace a Banda de Música Sementeira de Cambre Xuvenil, paralela á Banda Titular, e que serve como iniciación do músico nun conxunto para dar o salto á Banda de Música Sementeira de Cambre. Na actualidade, o número de compoñentes da Banda de Música Sementeira de Cambre, Xuvenil máis Titular, é de 90 músicos. 

No ano 2011 créase a Banda Infantil formada por alumnos de 1º, 2º e 3º cursos.

Nos últimos anos fai Concertos de alumnos dúas veces no curso ou os Venres Musicais (onde os alumnos coñecen as familias de instrumentos e o seu funcionamento).

Conta con varios Grupos de Cámara (vento madeira/metal e percusión) e unha Big Band.

En setembro de 2007, a BMSC leva a cabo a gravación do seu primeiro CD, nos estudos Mans (A Coruña), repetindo experiencia cun segundo CD en xuño de 2012, co gallo do 25º aniversario da agrupación.

Os premios conseguidos por la Banda de Música Sementeira de Cambre son:

  • I Certame Galego de Bandas de Música (Novembro 2007), consegue o primeiro premio na sección terceira, e a mención especial á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega.
  • III Certame Galego de Bandas de Música (Novembro 2009), consegue o terceiro premio na sección segunda.

  • CXXIV Certamen Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia" (Xuño 2010), consegue o segundo premio na sección terceira.

  • VII Certame Galego de Bandas de Música (Novembro 2013), obtén o segundo premio na sección segunda.

  • XIII Certamen Internacional de Bandas de Música Vila de la Sénia (Tarragona, abril 2019), logrando o segundo premio na sección segunda.