Banda Ateneo Musical de Negreira
Casa do Concello - Carmen nº 3
bandaateneodenegreira@gmail.com
696650855
Comenza a súa andaina no mes de xullo do ano 1998, da mano do director da Escola Municipal de Negreira, Vicente Martín Arastey. Son moitas as actuacións a cargo da banda: concerto de inauguración das novas instalacións da cooperativa de Feiraco, gravación para o programa Galicia Enteira da TVG, As Pontes, Candeán, Santiago de Compostela, Cee, Corcubión, Corme, As Somozas- Ferrol, Vimianzo, Mugardos, participación en festivais: Pontecesures, Lousame, Brión, ... O seu repertorio ten gran variedade de estilos musicais: música popular, música cinematográfica e estreou obras de xóvenes compositores galegos. En 2001 foi convidada a participar no programa de festas locais da banda Primitiva de Lliria.
Actualm
Despois da dirección de Vicente Martín, bombardino da Banda Municipal de Santiago, asume o cargo de director Pablo Mato Collazo, profesor de frauta da escola Municipal. Fernando Rey Mallo, profesor de trompeta do CMUS de Santiago, estivo á fronte da banda durante un ano despois do cal o sucedeu Simón Couceiro Rodríguez, clarinete da Banda Municipal de Santiago e actual profesor de clarinete da escola municipal. A finais do ano 2004 e ata o día de hoxe, o posto de director é ocupado por Raúl Martín Niñerola.
A banda realiza 10 concertos en todo o concello. Os dous concertos máis importantes son o concerto de Santa Icía e o Concerto das Letras Galegas. Estes dous celébranse no auditorio do centro sociocultural e dende hai uns anos téntase facer concertos temáticos. Tamén organiza o Festival de Bandas de Negreira, en setembro nas festas de Santa Margarita, o concerto das festas de San Cristovo en xullo e 6 concertos nas parroquias de Negreira.
Nos últimos anos colaboraron coa Banda Ateneo de Negreira distintas agrupacións como son Ultreia OCT realizando conxuntamente coa banda un concerto de música tradicional. O grupo indie/folk Closer, que colaboraron coa Banda Ateneo no concerto "Unha tarde de rock". Unha das últimas colaboracións coa banda foi a do grupo Picoro de Noia, que xunto coa banda realizaron un dos concertos temáticos que desenvolve a Banda Ateneo de Negreira.