Banda de música Santiago de Arteixo
- Centro Cívico Cultural - Pª fluvial s/n
- bandaarteixo@hotmail.com
- http://www.bmarteixo.gal/
- 669872770
No ano 2002 colle a batuta D. Alfredo Casanova Blasco até o ano 2017. No 2012 materialízase a aposta no eido da formación co nacemento da Banda Xuvenil Santiago de Arteixo, sección que, tras sete exitosos anos baixo a batuta de D. Pablo Muñiz Vázquez, e, a día de hoxe con D. Víctor Iglesias García na dirección, integra a preto de 35 nenas e nenos de 8 a 16 anos.
Dende a súa constitución, a Banda realizou numerosas actuacións pola xeografía galega, destacando a participación na serie da TVG “Terras de Miranda” 2003, intercambios coa Unión Músical de Benetússer (Valencia, 2005) e coa Banda de Música de Provencio (Cuenca, 2015), encontros de Bandas de Betanzos, Arca, Teo, Culleredo, As Pontes, Liceo, Brión, Ponteledesma, Antas de Ulla, etc ... ou un concerto de zarzuelas coa Coral polifónica “El Eco”. Participou no Certame Galego de Bandas en Santiago en2011 e 2012, obtendo o segundo premio na 3ª sección.
Organiz
En 2017 colle o relevo na dirección D. Alejandro Vázquez Lamela. Encáranse proxectos ambiciosos como un conce
Tamén organizou xornada
A banda ten realizado tamén un concerto espectáculo “El Baúl de los 70” con Serafín Zubiri, e Mikel Herzog e o espectáculo Gisela Sinfónico, onde a Banda Xuvenil emula aos maiores e presenta un concerto coa ex OT, Gisela, baseado en cancións da factoría Disney.