Xove Banda de Narón

Xove Banda de Narón

A Asociación Cultural Musical Sementeira asume no ano 1.993 a  responsabilidade da organización e o funcionamento da súa primeira  agrupación, a Xove Banda de Narón, e da súa escola de música. 

A formación de músicos sempre estivo dirixida á incorporación destes ás  agrupacións da Asociación, que son actualmente tres grupos musicais  diferenciados por idades, destrezas e estilo: a Banda Infantil, A Banda do  Garaxe e a Xove Banda de Narón.  

A Xove Banda de Narón é a banda máis lonxeva e recoñecida da  Asociación Cultural Musical Sementeira. Está formada polos músicos máis  expertos da asociación e realiza concertos de diferentes ámbitos en gran  parte da xeografía galega: concertos comarcais, con agrupacións veciñais,  actividades do concello, encontros de Bandas, conmemoracións,  participación en certames a nivel de España e a nivel galego, concursos e  festivais, concertos na televisión, procesións e pasarrúas. 

Ademais, a Xove Banda de Narón, ten participado en eventos celebrados  en distintas provincias de España, a realización de intercambios a nivel  estatal e europeo así como a gravación de tres discos. 

O Director da Xove Banda de Narón é Francisco San Ramón Calvo.