Banda de música de Chapela

Banda de música de Chapela

Fai a sua presentación o 11 de febreiro de 1995 sendo director Juan Carlos Diaz e presidente Alejandro Bastos, apadriñada pola Agrupación Musical de O Rosal e a Banda-Escola de Música de Beade. 

No seu primeiro ano de vida percorre Venezuela (Caracas, Chacao, Puerto Ordaz, Valencia, Barquisimeto, Ciudad Bolívar,...) e grava o seu primeiro compacto. 

Dende 2001 participa e obtén premios en certames como o Certame Provincial de Pontevedra, Certame de Bandas de Galicia e Certame  Provincial Zonal de Pontevedra. 

En 2000 faise cargo da batuta Lourenço  Filipe da Silva Cruz e participa no Concurso Nacional de Bandas de Música de Murcia, obtendo o segundo premio.

Dende 2003 é director Francisco Abal Rosales. Actuan en eventos culturais e festivais por toda a xeografía galega e en Madrid participa na  celebración de Galicia do Centro Galego de Madrid. 

Dende 2007 a banda foi dirixida por Severino Pedrosa Núñez, músico da propia banda. No 2011 participan en Marina D'Or e faise cargo da dirección Santiago Barreira Davila. En 2013 realiza a primeira gravación de marchas procesionais recuperadas pola Fundación Reveriano  Soutullo, arranxo de Javier Jurado "A Sagrada Hostia" e "Santísimo Sacramento" de Soutullo. Estas dúas procesións e o pasodobre "Redondela" pertencen ao arquivo da exposición  itinerante "Unha vida para a música" que mostra a vida e obra do compositor ponteareán. Este mesmo  ano presentaron o compacto "18 anos en clave musical". 

En 2014 puxo música ao Festival Nacional de Curtametraxes e realiza un intercambio coa Banda "Lira de Luarca".

No 2015 a banda estreou a obra "Poema de Arealonga", un traballo encomendado polo  director e compositor Ángel Montes, como un regalo para a Banda de Música Chapela. A obra foi a primeira adicada á parroquia. Describe  paisaxes, costumes, persoas e acontecementos históricos como a Batalla de Rande, que tivo lugar na  costa de Chapela. Ao final do concerto, a batuta é entregada ao seu actual director, Andrés Álvarez  Hernández. 

Numerosos e diferentes concertos son os que interpreta a Banda de Música de Chapela nos  últimos anos. Concertos con narrador, didácticos, acompañamento a solistas, teatralizados, con apoio  de imaxes, con bailaríns profesionais no espectáculo “Danzas do Mundo” así como intercambios con  outras agrupacións ademais de seguir amenizando as festas populares da nosa comunidade.