Banda de música Recreativa e Cultural de Bandeira

Banda de música Recreativa e Cultural de Bandeira

Nace en 1980 baixo a iniciativa dun  grupo de amigos. O seu primeiro director foi José Villaverde Gómez, que estivo á frente  da formación ata setembro de 1989. En 1983 a Banda participa no Certame de Bandas Populares de Galicia e recibe a mención de “Banda máis xove de Galicia”.  

Ao longo da súa historia estivo dirixida por Luís González Amosa (1989-2000), Braulio Cao Ledo (2000-2008), Miguel Rodríguez Barrio (2008-2015) e José Lodeiro Gesto (2015-2018). Na actualidade o seu director é Manuel Otero Payno dende decembro de 2018.  

Agora, a agrupación está composta por 70 músicos e conta con una Escuela de Música integrada por 90 alumnos, que son os compoñentes da Banda Infantil e Banda Xuvenil. Tamén forman parte da asociación o Coro Vales Mahía e a Banda de Veteranos.  

O traballo realizado nos últimos anos foi recompensado por oito segundos premios e cinco primeiros premios a nivel provincial, autonómico e estatal, entre os que cabe destacar o segundo premio no I Certamen de Bandes de Música Vila de la Senia (2007); ou o primeiro premio no II Certame Galego de Bandas de Música (2008) organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. No ano 2014 a Banda actuou xunto co cuarteto indie-folk Caxade en CULTURGAL, a Feira das Industras Culturales de Galicia, donde se realizou a grabación dun DVD+CD que os levaría a actuar no Festival Internacional Rio Loco de Toulousse.  

Anualmente, na Bandeira celébranse concertos Extraordinarios por Ano Novo, Santa Icía e o Festival de Bandas de Bandeira, no que teñen participado numerosas bandas de toda a comunidade. Asimesmo, organízanse campamentos musicais, masterclasses e cursos de especialización musical polos que teñen pasado grandes  músicos e profesores como Roberto Bodí, Xocas Meijide, Víctor Vilariño, Fernando  Raña, Luis González, Xosé Rodríguez, Jose Manuel Redondo ou Jordi Ortega. Por  último, tamén tiveron a oportunidade de contar con directores convidados como  Massimiliano Legnaro ou Ferrer Ferrán.