Banda Artística de Merza

Banda Artística de Merza

Fundada no ano 1828, é a agrupación popular máis antiga de Galicia. O primeiro director que consta foi Anselmo González ó que sucede seu neto Roxelio Otero. No 1930, a banda dividiuse en dúas, a Banda Vella dirixada polo citado mestre e por Mariano Rodríguez; e a Banda Nova, por Ramón Sueiro e Manuel Blanco. O 13 de xullo de 1939 coa dirección de Xesús Cao González vólvense a xuntar ambas. 
Os seus directores foron Xosé Fiuza, Francisco Beristain, Enrique González, Rafael Aladrén, Feliciano Cagide, Francisco Ortega, Enrique García Rey, Antonio Castro, Amadeo Valero, Antonio Amigo, Alejandro del Río, Miguel de Santiago, Vicente Paniagua, Xurxo Guzmán, Serge Fortin, José Rodríguez Ramos, José Luis Quintás, David Fiuza e Mateo Gómez. 
Como directores convidados tivo a José Casal, José Manuel Collazo, Xosé Carlos Seráns, Marcel Van Bree, Ángel Crespo, Fernando Marinho ou Jan Cober. 
Actuou por Galicia, Asturias, Valencia, Cantabria, Cataluña, Madrid, Portugal e Italia, Venezuela e Arxentina. No 2009 participa no WMC de Kerkrade. 
Ten o disco Bandas Galegas e os CD 171 Anos de Tradición Musical, Aniversario, A Música de Merza–Solistas, Merza–Un Século de Certames, Antoloxía do pasodoble no século XXI e El Amor Brujo
Obtivo premios no Certame de Bandas de Música de Santiago de Compostela 1º premio, 1910.• Certame de Cangas, 3º premio 1985.• Certame Celta, 2º premio 1986.• Certame de bandas de Lalín, 3º premio 1990.• Certame Galego de bandas de música populares, Mención honorífica 1995, 1º premio en Sec Esp 2007 e 2009; 1º premio Sec 1ª 2012• Certamen Internacional de Bandas Ciudad de Valencia, 2º premio Sec 2ª 2002; 2º premio Sec 1ª 2012.• Certame Provincial de Bandas Deputación de Pontevedra, 1º premio e mención de honra Sec 1ª 2002; 1º premio Sec 1ª 2003; 1º premio e Mención de Honra Sec Espec 2004 e 2006; 2º premio Sec Espec 2008• Premio da Cultura, Concello de Vila de Cruces 2003.• Certamen Internacional de Bandas Vila D`Altea, 1º premio, mención de Honra e Trofeo Vila D´Altea 2004 e 2006; 2º premio Sec 1ª 2008; 1º Premio e Corbatín de Oro 2014.• Certamen Internacional de Bandas Vila de La Sénia 1º premio 2017.• Premio Martín Codax da Música, categoría de Bandas de Música Popular 2020. 

A finais dos 70 comeza crea a Escola de Música da Banda Artística de Merza cos mestres Amadeo Valero e Ramón Guzmán. Actualmente, ten máis de 100 federados, grupos de cámara, Banda Xuvenil e Banda Infantil.