Banda de música de Celanova
- Auditorio Municipal Ilduara - Rúa do Cercado s/n
- info@bandadecelanova.com
- http://bandadecelanova.org/index.php/banda/historia
- 660649995
No 1850 o Concello de Celanova adquire unha vintena de instrumentos destinados para a "música municipal", Manuel Chamuchín é contratado como "mestre de música" e ó colectivo recibe unha cantidade polo traballo desenvolvido na "función" do San Roque. A finais de 1851, aínda que o Concello posuía 20 instrumentos, os seus compoñentes non pasaban dunha ducia e había instrumentos como o figle, que nin tiña músicos que o entendesen.
En 1858 o director é substituído por Xenaro Durán, sendo sucedido por Camilo Burdeos a finais do 55. En 1857, a praza de director recae en Higinio Gil e o concello adquire atrís para a banda. Dende o 58 ata o 63 non se volve ter constancia do seu funcionamento. O falecemento de Higinio Gil en 1861, e a partida de mozos rumbo á guerra de África marcaron a disolución temporal da banda.
En 1863 o rexedor Ramón Prieto presenta unha proposta para volver a crear a "orquesta municipal". Acórdase a contratación do mestre Manuel Sánchez e constitúese a nova Banda, composta por 10 membros. A banda desintégrase nos anos de sucesión de Isabel II, trala revolución de finais do 68. O concello vende os instrumentos e faise o silencio preto de 35 anos.
En 1908 xermolou un grupo de 16 amigos, alicerce da segunda parte da historia da banda. Tras seis anos, o Concello acorda crear a escola de educandos. En 1914 xurde o viveiro da actual Banda Música Municipal de Celanova. O título de Banda Municipal non chegaría ata 1928 tras 78 anos de "irregular" funcionamento. Dase por nacida definitivamente a Banda Municipal de Celanova e acórdase crear a escola de música do Concello en 1929.
En 1930 sácase a concurso a praza de mestre de música. O seu primeiro propietario foi Anastasio Hernández Andueza en1934 é substituído don Luís Berney. Sucedérono Faustino Pulpeiro, Jesús Vázquez, Antonio Domínguez, Eulogio Masid, José Zoldo, Antonio Cuevas, Miguel de Santiago, Alfonso Salvatierra, Alejandro del Rio, Arsenio Alonso Araujo e José Zaldo García. A banda actúa non só polo territorio galego, senón en todo o Estado Español, Portugal e Venezuela.
Acada importantes premios en certames coma os de Ribadavia, Lugo, Ourense e Oviedo, respectivamente nos anos 1934, 1968, 1971 e 1976, actuacións por todo o Estado e intervencións nas televisións do pais. Na actualidade ten gravados 4 discos e un disco compacto.