Banda Municipal de música de Meira

Banda Municipal de música de Meira

Corría o ano 2002, cando o Concello de Meira, presidido por Rosendo Folgueira, decide poñer en marcha unha escola de música municipal. Ata aquel momento, no noso pobo nunca houbera moita tradición musical. Cun censo duns 60 alumnos, crease un conxunto instrumental e trala súa actuación no final de curso constitúen a banda de música. 
Hoxe en día, a banda conta cun total de 35 integrantes de todas as idades, cunha banda infantil canteira e un currículum moi amplo. 
Son moitas as súas actuacións, podendo destacar as da Ribeira de Piquín, Guitiriz, Brión, Valga, a Cabalgata de Reis de Oviedo, Portomarín, Paradela, Sarria, Monforte, O Saviñao, Guntín, A Pontenova, Riotorto, Vilalba, A Pastoriza, Castro, Pantón, a Festa da Malla de Meira, Cospeito, a Festa do emigrante de Mosteiro, así como varias actuacións no programa Luar da Televisión de Galicia. 
No ano 2014, inicia unha actividade que chamou a atención de toda a comarca e tivo unha gran acollida. Foi o concerto de novos directores no cal sete integrantes da banda se fixeron cargo da dirección por un día.