Agrupación musical do Rosal
- Auditorio do Rosal - Rúa Couso s/n
- info@agrupacionmusicaldorosal.com
- http://www.agrupacionmusicaldorosal.com/
- 986626311
Leva organizando innumerables actos culturais, concertos pedagóxicos, de grupos de cámara, con acompañamento coral…. Desde 1989 organiza o Festival de Músicos Xoves. Participa en infinidade de certames, festivais, concertos, ... e realizou intercambios culturais con bandas galegas e do resto de España.
Conseguiu importantes galardóns como o 2º Premio (máxima categoría) no Certame de Bandas Galegas (Lalín, 1991), 1º premio no Certame de Bandas de Música Populares Galegas (1995 e 1996), Premio da Música da Fundación Premios da Crítica Galicia 1999, 2º Premio en 1ª sección no 2000, 1º premio en sección especial en 2003 e 3º premio en 1ª sección en 2017 no Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia”, 2º Premio en 2001 no Certame Internacional de Bandas de Música “Vila de Altea” (Alacante), 1º Premio e Mención de Honra no 2002 e 2003 no Certame Provincial de Bandas de Música (Sección Especial), Premio Are-More 2004 do Concello de Vigo, 1º Premio en 2005 no Certamen de Bandas de Música Civiles Amateurs de Campo Criptana (Cidade Real), 1º Premio en 2009 no Certame Provincial de Bandas (Sección Especial), 1º Premio en 2010 no Certame Zonal de Bandas da Deputación de Pontevedra (Sec. 1ª), 1º Premio no Certame Galego de Bandas de Música 2011 (Sec. 1ª) e Premio César Dios Diosiño, Premio Provincial á Cultura 2012.
A banda está formada por 80 compoñentes; a maioría estudando en conservatorios profesionais e superiores, chegando a participar en formacións como a Escola de Altos Estudios, Orquestra Sinfónica de Galicia ou JONDE. Algúns deles ocupa praza en orquestras profesionais, conservatorios e escolas de música. Ten editados cinco CD e colaborou no disco de Treixadura “Esa sí que é muiñada”.