Banda de Lalín

Banda de Lalín

Foi fundada no ano 1942 agrupando baixo a batuta de D. Lucas a preto dunha vintena de músicos procedentes de diversas bandas existentes no concello como a de Goiás, Bermés ou a Penela. Tras diversas etapas nas que acadou e mantivo unha merecida reputación, é no ano 1992 cando se asentan as bases da actual agrupación.

Marcel van Bree dirixiu a formación de 1992 a 2004 e foi un dos grandes impulsores axudado pola chegada do Conservatorio Profesional. Obtense primeiros premios importantes a nivel autonómico (I e III Certame Provincial de Bandas de Pontevedra) e nacional (XXXI Certame Internacional de Bandas Vila D’Altea 2002). Despois de 12 anos faise cargo da dirección Mateo Adderi.

No 2007 comeza unha etapa esplendorosa para a Banda de Lalín baixo a batuta de Bram Sniekers: Obtívose o 1º premio no VIII Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra, 1º premio no “IXL Certame Internacional de Bandas Vila D’Altea 2010”, unha excelente clasificación no certame “Wold Music Contest” de Kerkrade (Holanda), conseguindo en 2009 o 4º posto na “Harmonie: First Division” e a medalla de bronce na “Concert Division” en 2013, sendo ata o momento a única banda galega que participou na máxima categoría.

Entre os anos 2015 e 2018 a Banda de Lalín é dirixida por Isabel María Rubio Molina quen daría paso no 2019 ao actual director, David Fiuza Souto.

Cómpre resaltar a intensa labor discográfica levada a cabo nos últimos anos, gravando e editando 6 discos. Ditos traballos foron realizados co selo discográfico “Mirasound World Wind Music” contando en diversas ocasións coa colaboración de editoriais como Baton Music e Amstel Music. Asimesmo destaca o cd “Extreme Beethoven”, composto integramente por música de Johan de Meij, quen elexiu á Banda de Lalín para estrear varias das súas obras e “As pombas de Carboeiro”, obra de Benxamín Otero.

Desde fai tempo, a Banda fai unha forte aposta pola formación de calidade tanto con directores convidados (como David Fiuza, Ferrer-Ferrán, Jan Cober, Henrie Adams, Johan de Meij, etc) como con músicos de renome internacional (como Frits Damrow, David Childs, Nitzan Laster, René Pagen, Arno Piters, Steven Mead, Gé Titulaer, Jörgen van Rijen e un longo etc.) que aparte de actuar como solistas coa nosa Banda, deixan os seus coñecementos en clases maxistrais.

A Banda de Lalín conta con dúas bandas escola: Banda Infantil e Banda Xuvenil que sirven de viveiro de futuros músicos garantindo o futuro da formación.