Banda de música cultural de Mondariz

Banda de música cultural de Mondariz

A historia da banda de música Cultural de Mondariz remóntase ao 1993. Ano no que o alcalde D. Juan Reboreda Enriquez reuniu a antigos compoñentes de antigas agruacións da zona como, a Banda de Música Municipal de Mondariz e a de Villasobroso, para proporlles a creación dunha nova colectividade musical que volvese a levar o nome de Mondariz por toda a xeografía galega. 

No ano 1995 A Banda de Música Cultural de Mondariz ofreceu o seu primeiro concerto para as familias dos novos integrantes, baixo a batuta de D. Bautista Mariño. No ano 1995 contratouse a D. Manuel Iglesias Ramilo. Baixo a súa batuta participou nos anos 2001, 2002 e 2003 no Certame Provincial de Bandas de Música Populares “Deputación Provincial de Pontevedra” na sección terceira .

En novembro do 2008 participou no II Certame Galego de Bandas de Música e tamén, neste ano gravou o seu primeiro CD con repertorio popular e de baile. Ademáis, participou en diversos festivais zonais de bandas de música. 

No ano 2009, D. Manuel Carballo Pastoriza tomou o relevo da batuta continuando coa participación no festival zonal de bandas de música en Tui.

Xa no ano 2014 D. David Pérez Trigo asumiu a dirección artística e musical da Banda ata o concerto de Santa Icía do ano 2022. Ao longo da súa dirección artística, organizouse a gravación en directo do concerto do 20 aniversario con un repertorio enriquecedor e cheo de sorpresas (no ano 2016); a Banda de Música participou no Primeiro encontro entre a Banda de Música Cultural de Mondariz e a Banda de Música de Almazán, celebrado en Almazán – Soria en outubro do ano 2022. 

En decembro do ano 2022, Javier Oliveira Blanco asume o cargo de director artístico e musical.

Motivados por mellorar e sorprender ao público a Banda de Música ofrece un amplo repertorio nos seus concertos.

Currículum do Director

Javier Oliveira Blanco

Nace na vila de O Carballiño onde comeza os seus estudos de música na especialidade de bombardino. Anos despois realizará os seus estudos de Grao Profesional e Grado Superior no Cmus de Música de Vigo baixo a tutela de J.Carlos Díaz e Jonathan Vazquez, acadando a súa Licenciatura coas máximas cualificacións.

Realiza diversas masterclass con mestres coma Steven Mead, Soichiro Hokazono, David Childs, Sergio Finca entre outros. Tamén foi alumno da Academia de alto rendemento dos Spanish Brass ( Valencia ).

No campo da dirección de banda, comeza os seus estudios na AEDB ( Academia Europea de dirección de Banda ) cos maestros Jan Cober, Javier Viceiro e J. R Pascual Vilaplana. Foi alumno do Seminario de Dirección da Banda de Música de Pontevedra cos maestros David Fiuza, Frank de Vuyst e Juán José Ocón.

No ano 2019 comeza na Univesidade de Maastricht o Master en Dirección de Banda co mestre Jan Cober.

Como director titular estivo na Banda de Música de Lobios (2006/2015). No ano 2016 comeza na Banda de música a Lira de Ribadavia onde acada diversos premios. Destacar os Primeiros Premios no Certame Galego nas edicións 2016 e 2019, Primeiro Premio no Certamen Internacional de Valencia no ano 2018 e os segundos Premios no Certame Galego dos anos 2017 e 2018.

No ano 2019 foi elexido pola FGBMP para dirixir o II Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil da FGBMP.

O seu traballo coma compositor, para a recuperación do patrimonio histórico dofolclore galego, destacando a recuperación de diversas obras dos compositores Brage ou Ricardo Coutier.

Na actualidade e director titular da Banda de Música A Lira de Ribadavia e da Banda de Música Cultural de Mondariz.