Agrupación musical de Goián

Agrupación musical de Goián

A banda de Goián preséntase oficialmente en 1998 como Agrupación Musical de Goián baixo a batuta do mestre Juan Carlos Díaz Álvarez.

Ten realizado intercambios con bandas de música como coa valenciana "Societat Centre Artistic Santa Cecilia de Foios" no ano 2000, coa Banda de Música de San Martín de la Vega en Madrid, no 2005 ou o máis recente Intecambio coa Banda de Música La Primitiva de Rafelbunyol (Valencia) no 2018 e 2019.

Ademais, ten participado en varios festivais internacionais en Portugal ao longo da súa historia, a banda actuou en actos culturais e festas populares por toda a xeografía galega, Portugal, Madrid e Valencia. Tamén foi invitada tres veces a participar na TVG e realizáronse dous traballos discográficos, o segundo deles titulado "Fortaleza", nome da súa primeira peza que foi composta polo músico da nosa banda e compositor goianés Andrés Álvarez.

A Agrupación Musical de Goián participou en varios ertames de bandas de música a nivel galego, provincial e zonal nos que acadou numerosos primeiros premios, segundos, terceiros. Ademais do Premio Manuel Quiroga ao mellor director no 2006.

Cabe destacar a participación nas ultimas edicións do Certame Galego de Bandas acadando o terceiro premio na súa sección no 2018 e o primeiro no 2019, así como o premio á Mellor interpretación duna obra de temática galega nos dous citados anos.

    Nestes anos a Agrupación Musical de Goián realizou concertos moi especiais con artistas de recoñecido prestixio como son o grupo de percusión ODAIKO (2015), Silvia Ferré, Belén Xestal e Alfredo Susavila (2016), coa artista portuguesa Ana Laíns (2017), Paco Lodeiro, Rosa Cedrón e Ladrón de Guevara (2018), Pelepau (2019), Abraham Cupeiro (2020), Serafín Zubiri (2022).

    Dende o ano 2022, a Agrupación Musical de Goián integrada na actualidade por mais de 60 músicos conta cunha escola de música oficialmente recoñecida pola Xunta de Galicia, dirixida por Pedro Villarroel González e formada por máis de 150 alumnos, banda infantil e unha banda xuvenil.