Banda de música Popular Airiños do Morrazo de Moaña
Avenida Concepción Arenal, S/N (Baixo do Palco da Música)
banda@airinosdomorrazo.com
https://www.airinosdomorrazo.com/
+34613080742
Coa Guerra Civil (1936), Ismael é detido e encarcelado, quedando ó cargo da banda Manolo Portela. No ano 1942 faise cargo da dirección Ricardo Costa, pero 1972 volve a ser Portela quen se fai cargo da delicada situación na que se ve a banda, sen director e con poucos músicos.
No ano 1979 faise cargo Manuel Iglesias Martínez. Con el iníciase unha nova etapa de formación e consolidación da actual banda de música “Airiños do Morrazo” que será continuada polos seus discípulos Alberto Currás Piñeiro (1999-2009), Salvador Meira Corrales (2009-2016) e David Pérez Trigo (2016-Actualida
Grazas ao traballo que cada un destes grandes directores fixo e segue a facer ao cargo desta banda, en 2018 conseguiuse o terceiro premio do XII Certame Galego de Bandas en segunda sección. Sen dúbida, un recoñecemento que pon en valor todo o esforzo realizado.
Con 140 anos de historia, un plantel de 40 músicos, unha media de idade por debaixo dos 20 anos e moitas ganas de mellorar, “Airiños do Morrazo” seguirá traballando pola cultura do noso pobo.