Agrupación Músico Cultural de Ribadumia

Agrupación Músico Cultural de Ribadumia

A Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia fundouse no ano 1998 con alumnos da academia de música de Ribadumia que viñan recibindo clases dende o ano 1995. A súa andaina comezou o día 22 de Novembro de 1998, día de Santa Icía. Hoxe en día, a banda de música conta con compoñentes de idades comprendidas entre os 6 e os 35 anos, e ten unha banda infantil dende o ano 2008.
Dende o ano 2005 participou no Certame Provincial de bandas de música da Deputación de Pontevedra, na segunda sección, acadando varios terceiros premios, un segundo premio, e un primeiro premio no ano 2010. Tamén participou no I e II Certame zonal da Deputación de Pontevedra, acadando un terceiro e un primeiro premio respectivamente.
Dende o 2007 ó 2018 participou tamén no Certame Galego de bandas en sección segunda acadando varios cuartos premios, un terceiro, un primeiro premio no ano 2015 e mais recentemente no 2018 un segundo premio.
Dende o ano 2007 ata o 2011, participou na organización do campamento musical “Musigalizando” en Gandarío.
No ano 2009 a banda realiza un intercambio musical coa banda de música valenciana “Societat Musical La Pau” de Beneixama e dous anos máis tarde, no 2011 coa banda valenciana “Societat Musical La Lira Fontiguerense” de La Font de La Figuera e no verán do 2013 a Villarejo de Salvanés (Madrid).
Ó longo de todo o ano realiza tamén intercambios culturais con bandas de música de distintos Concellos de Galicia e fai colaboracións con distintas asociacións da comarca.