Banda de música xuvenil de Torroso
- Outeiro s/n - Torroso
- info@crctorroso.com
- www.crctorroso.com
- 986 33 83 25
No ano 1989 baixo a batuta de Francisco Velasco, a banda realiza a súa primeira actuación apadriñados pola Banda de Música de Salceda de Caselas. Un ano mais tarde toma relevo da batuta José González e tres anos máis tarde Antonio Vázquez Raña (Tocho) ata 1998, cando o releva Carlos Tilve González ata 2001 pasando a dirección á actual directora Ángeles Lorenzo, membro da banda.
En 1995 realiza a súa primeira gravación para a TVG e grava o seu único disco. Dende 1999 organiza o seu Certame de Bandas de Música ao que asisten agrupacións musicais da contorna, España e Portugal. No ano 2005 colabora coa Xove Orquestra Internacional de Galicia e a Xove Orquestra Sinfónica de Lisboa.
Ten realizado concertos con voces coñecidas como Rosa Cedrón, Andrea Pousa, Antonio Barros, Paco Lodeiro, Ladrón de Guevara, Yolanda Vázquez,...
No 2006 obtén o 3º premio no Concurso Internacional Villa de Aranda. Participa activamente nos Certames Provinciais de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra acadando varios premios: 3º premio en sección terceira (III edición), 2º premio sección terceira (IV edición), 1º premio e mención de honra sección terceira (V edición), 3º premio sección segunda (VIII e IX edicións), 2º premio en sección segunda (XI edic).
En 2010 participa no IV Certame Galego de Bandas de Música e obtén o 2º premio na sección segunda. No 2015 acada o premio á mellor interpretación de obra libre de temática galega na 3ª sección do IX Certame Galego.
No ano 2012 o Concello de Mos recoñece a importante labor da banda outorgándolle a medalla de honra Á Cultural do Concello de Mos.
Na actualidade conta con máis de 50 compoñentes entre os dez e os trinta e cinco anos e leva a cultura e tradición galegas por toda a xeografía galega e a Península Ibérica realizando concertos e incorporando novas propostas interpretativas mesturando a música de autor con danza, voz e elementos do noso folclore galego.