Banda de música Vila de Cedeira
- Rúa Real nº 15
- bandaviladecedeira@hotmail.com
- 606052212
Inicia a súa andaina no ano 1992 cun proxecto para impartir clases de música que daría lugar, tres anos máis tarde á súa presentación oficial. Asociados durante este primeiro periodo coa Asociación Cultural Robaleira, a Banda de Música “Vila de Cedeira” consolídase como asociación independente no ano 2001, sendo o seu director titular e fundador D. Pascual Montesinos Orts.
Durante estos primeiros anos, a banda desenvolve unha intensa actividade cultural tanto dentro da Comunidade Autónoma de Galicia como fóra dela, destacando as súas actuacións en Alacante, Semana Santa Ferrolá así como a gravación do seu primeiro CD no ano 2005.
No ano 2008, D. Vicente Castro Corral faise cargo da dirección da banda. Ó longo deste novo periodo a banda actúa en diferentes vilas e cidades por toda a xeografía galega e é invitada a participar en Certames e Intercambios con outras agrupacións.
N
Dende Xaneiro do 2014 ata febreiro do 2020 a banda foi dirixida por D. Mateo Gómez Naval. No ano 2019 participou no XIII Certame Galego de Bandas de Música na súa 3ª sección obtendo un meritorio segundo posto.
Na actualidade o seu director titular é o mestre e clarinetista D. Dani Veiga Roca.