Banda de música Santádega

Banda de música Santádega

Nace en Marzo de 2008 por iniciativa de Luis Humberto Cao, pianista natural de Vilarchao (Coles – Ourense). A súa denominación ten orixe no Castro de Santádega (Cuadernos de Estudios Galegos LIII, no 119 Don Ramón Otero Pedraio). 

Esta idea é acollida con entusiasmo por considerala de grande interese socio-cultural para a recuperación da memoria musical da zona, na que as bandas tiveron un importante protagonismo, xa que chegou a haber ata oito bandas na contorna. 
Na actualidade contamos con algo máis de 50 músicos de entre 8 e 70 anos, a gran mayoría do concello de Coles e concellos darredor como Amoeiro, Vilamarín, A Peroxa, Ourense, Barbadás e incluso de Chantada e Ponferrada. 
Está dirixida por Roberto Iglesias Rey, ourensano, titulado superior de Música na especialidade de trompeta. Con gran experiencia como profesor e director en distintas bandas e corais. Así mesmo, é o director da Escola de Música e da Banda Infantil do concello de Coles. 
A banda finánciase coas actuación que veñen facendo, motas delas contratadas polas comisión de festas e polos concello, tanto de Coles como dos arredores. 
Mencionar que a Banda de Música Santádega de Coles, na sua sección infantil, acadou o primeiro posto no XIII Certame Galego de Bandas de Música en novembro de 2019.