Banda de música municipal de Silleda

Banda de música municipal de Silleda

Fúndase no ano 1888 chegando a ser unha das bandas máis recoñecidas da época. Os seus directores foron Tomás Beteta, Esrnesto Beteta, Francisco Beristain, Antonio Amigo, Waldo Núñez... Desaparece de 1977 a 1985, cando un grupo de antigos compoñentes encomendan a dirección da Banda e Escola a D. José María Fernández García, ata 1988 cando colle o relevo D. Manuel Molinos Rivas. En 1989 fórmase a Asociación de Amigos da Banda de Música de Silleda. Os seguintes directores son D. José Ángel Presa Carrera (1994-97), D. Javier Viceiro Filgueira (1997-99), D. Octavio Más Arocas (1999-2004) e D. José Luis Represas Carrera (2004-2006).

En1994 crea o Festival de Bandas de Música de Silleda, un dos máis relevantes da nosa xeografía e un ano despois a Escola Municipal de Música. No 1997 A banda realiza dous traballo discográficos (1997 e 2003).

A agrupación é invitada a participar na Radio e Televisión Galegas e en festivais como os de Meaño, Deza, Ourense, Cangas, Tui, O Rosal, Gres, Chapela, Beade, Castrelo de Cambados, Vila de Cruces... Tamén actuou en Andorra, Albacete, Ponferrada, Alacante, Valencia, Asturias, Portugal, Zaragoza, San Sebastián, Madrid, Bos Aires, Lisboa, Málaga, As Palma de Gran Canaria, Salamanca, Santander, Zamora, Burgos, Xaén ou no Festival Intercéltico de Lorient. 
Acada numerosos premios: Certame de Bandas de Música de Vigo (1º premio, 1959). Certame de Bandas de Música de Ourense (2º premio ,1972). Certame Nacional de Bandas de Música de Leganés, Madrid (2º premio, 1ª sección 2.002). Certamen de Bandas de Música Deputación de Pontevedra (1º premio e mención de honra 2ª sección,2002; 1º premio sección 2ª, 2014; 1º premio e mención de honor en sec. especial, 2005 e 2007; 2º premio sec especial, 2009. Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Altea (Alicante) (1º premio e mención de honra 1ª sección, 2010). Certame Internacional “ Villa de Aranda”.(1º premio, 2013) - Banda Xuvenil. 2º Premio Certame Galego de Bandas de Música de Galicia (Banda xuvenil, 2º premio 2014 e 1º premio 2015), Certamen Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia” (2º premio,1ª sección 2018).

A Banda de Música Municipal de Silleda, con máis de 400 socios e unha Escola de Música con 187 alumnos, Banda Xuvenil, Big Band, coro e grupos de cámara, realiza unha importante labor social, cultural e educativa. Organiza actividades como concertos, Festivais de Nadal, Fin de Curso, grupos de cámara, Banda Xuvenil, Coro, Cursos de Verán, Concertos didácticos,...