Banda de música de Vilatuxe
- Auditorio José Fernández, o xastre - Vilatuxe
- bandamusicavilatuxe@yahoo.es
- http://www.bandamusicadevilatuxe.es/indexesp.html
- 620934397
Ó longo da súa historia, contou con numerosos directores, entre os que destacan: D. Enrique García Rey, autor da rapsodia Galega Nº1. D. Xosé Barros Sada, D. Ramón Vigo Deza e D. Jaime González Pichel.
A Asociación Cultural Banda de Música de Vilatuxe ten como principais obxectivos a dinamización e potenciación da cultura musical bandística no ámbito rural sendo o seu principal interés a formación interna dos seus compoñentes. Froito deste traballo, xurden as bandas Xuvenil e Infantil de Vilatuxe.
GALAR
Son varios os premios acadados. Cabe destacar os últimos e que dan idea da gran etapa que está vivindo a Banda:
- 3º Premio da 3ª sección no 12º Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2012).
- En 2013, participou no prestixioso Certame Internacional de Bandas de Música de Valencia, quedando no 4º lugar da 2ª sección.
- 1º Premio da Sección 3ª do 7º Certame de Bandas de Música de Galicia. (2013)
- 3º Premio da Sección 2ª do 9º Certame Galego de Bandas de Música Populares.(2015
) - 1º Premio da Sección 3ª do 11º Certame Galego de Bandas de Música Popularesacadad
o coa súa Banda Xuvenil. - 2º Premio da Sección 1ª do 13º Certame de Bandas de Música de Galicia. (2019)
Currículum do Director
Víctor Manuel Vilariño Salgado
Inicia os seus estudos musicais á idade de 11 anos con D. Bernardo Hermida. Diplómase en 2006 e en 2010 licénciase coas máis altas calificacións no Conservatorio Superior de Música de Vigo, tendo como profesores a Adolfo Caride e Luís González.
Formou parte das seguintes agrupacións: Escola de Altos estudios musicais(2004-2006), JOSG(2006-2008), JONDE(2008- 2012), EUYO(2011- 2012) ademais de colaborar con distintas orquesta como a RFG, OSG, OCG, OSCYL, OCNE...e tendo como profesores destacados a Javier Simó, Ramón Llátser, John Aigi Hurnou Roberto Bodí, entre outros. Dende 2009 é director da Banda de Música de Vilatuxe.
Tocou como solista con diversas agrupacións, e gañou o concurso de xóvenes intérpretes "Xosé Valcárcel" ademais do prestixioso concurso que organiza a Xunta e a consellería donde tamén acada o primeiro premio. En 2011 graba un cd co pianista Alejo Amoedo nos estudios Mans. Realiza o Máster de Especialización orquestal na USC entre 2012 e 2014 ó tempo que ocupa a praza de academista na Real Filarmonía de Galicia.
Actualmente é profesor de Vento metal no Cmus profesional de música de A Estrada, e na escola da banda de música de Vilatuxe ademais de ser o seu director, continuando a súa labor de colaborador habitual con distintas orquestas do panorama nacional, e pertencendo ó prestixioso quinteto de vento metal Hércules Brass.