Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia
Camiño Currás nº 34 - San Miguel de Oia
liradesanmigueldeoia@gmail.com
619 81 91 52
No mes de outubro de 1931, D. Severino Alonso Mallo, veciño da parroquia de San Miguel de Oia, reuniu a uns rapaces de entre 16 e 18 anos e lles ensinou solfexo. Tíñaos diariamente a seu lado, ata altas horas da noite. Cando él pensou que xa ian defendéndose no solfexo, foise de casa en casa, a animar ós respectivos pais a que mercaran os instrumentos para os seus fillos. Comezaron os ensaios, e o Domingo de Pascua (27 Marzo de 1932), apareceron en público por primeira vez, na súa propia parroquia.
D. Severino dirixiu a Banda ata o seu falecemento en 1943. Todos os que o coñeceron, coinciden en afirmar que o Mestro Severino foi un home moi disciplinado, de grandes cualidades humanas e cargado de unha gran retranca: “Nunca reprendía directamente a ninguén, pero nós sabiamos ben por onde ían os tiros”.
Sucedéulle o seu fillo, D. José Alonso Sanromán, ata que emigrou a Montevideo. Quedou a Banda sen director, pero non se desfixo, gracias o músico D. Enrique Goberna Moreira, que logrou sostela ata o ano 1978. A partir desas datas, colle a batuta D. Luciano Pérez Alonso, sobriño do fundador.
Dende aquela data, ata agora, cabe resaltar a participación da Agrupación en distintos festivais “bandísticos” por toda a Península Ibérica e varios intercambios culturais con outras asociacións do mesmo tipo dentro de toda a xeografía galega, Portugal e Valencia. Cabe resaltar tamén os convenios de colaboración con Asociacións de Veciños, Concello de Vigo e Deputación Provincial de Pontevedra.
Dende 1.982 participa co Concello de Vigo no intercambio de colaboración que ten coas bandas de música, dando concertos en todos os barrios do concello.
No ano 2002 e coincidindo co seu 70 aniversario, a nosa Agrupación Musical conseguiu o terceiro premio no prestixioso “Certamen de Bandas Ciudad de Cullera”, e o primeiro premio na modalidade de pasa rúas. Así como un segundo premio no Certame de Bandas da Deputación de Pontevedra. No ano 2003 logrou un terceiro premio no “Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia”. No ano 2004 recolleu o terceiro premio no “Certamen de Bandas de Música Villa de Leganés” e no ano 2005 esta banda alcanzou o primeiro premio e o premio a mellor interpretación no quinto Certame Provincial de Bandas de Música Populares de Pontevedra organizado pola Excelentísima Deputación de Pontevedra.
Neste ano, no 2005, toma a batuta da banda, D.Javier Gónzalez Lamas, que permanece como director da mesma ata o ano 2013.
No ano 2008 realiza un intercambio cultural coa Academia Banda de Música de Ourém – Fátima – Portugal e un encontro con bandas da provincia da Coruña na localidade de Arzúa.
A directiva da Agrupación Musical, quere que sexa unha Agrupación Musical da que todo os veciños de San Miguel se poidan sentir orgullosos e onde os rapaces poidan desenvolver unha actividade artística, por iso, na actualidade a Agrupación Musical conta cunha escola de música na que máis de 100 alumnos e alumnas estudando solfexo e instrumento, clases impartidas por profesores de alta cualificación en especialidades de vento-madeira, vento-metal, percusión, canto e solfexo, tendo como obxectivo final, a formación de músicos para a súa incorporación a banda ou a outros tipos de actividades musicais. Cabe destacar que a Escola de música “Lira” está inscrita no Rexistro de Escolas de música da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende comenzo do ano 2019, dirixe a banda D. Pedro Villarroel González.
Currículum do Director
Pedro Villarroel González
Comeza os seus estudos musicais no seo da banda de música de Candeán como saxofonista. Posteriormente ingresa no conservatorio de música de Vigo onde acada o título de grao superior no ano 2015.
Na súa especialidade estuda en Cursos e seminarios con distintos mestres de talla nacional e internacional, realiza concertos como solista, ciclos de música de cámara e concursos de xóvenes interpretes acadando diferentes premios… colabora, con numerosas bandas galegas e de Portugal, Banda de Municipal de Ourense, Banda de Música de Pontevedra, Omega big band, Orquestra Clásica de Vigo. En 2011 actúa como membro activo nos concertos didácticos para escolares organizados por Abanca por toda a xeografía galega.
Como profesor conta máis de quince anos de experiencia en distintas escolas de musica nas especialidades de saxofón, linguaxe musical, música de cámara e conxunto instrumental.
No terreo da dirección comeza a súa andaina levandoa batuta da banda da escola de música de Candeán, recibindo clases de Javier Viceiro Filgueira e José Rafael Pascual Vilaplana. Tamén realiza cursos de especialización con Jan Cober, Franco Cesarini, Manuel Mondejar, Juanjo Ocon, Andrea Gasperin, Douglas Bostock, Marcel van Bree ou Miquel Rodrigo.
En 2016 remata os seus estudios na Academia europea de dirección de banda en Portugal cos mestres Javier Viceiro, André Granjo, Jean Sebastian Bereau e Jan Cober, realizando o concerto final coa banda profesional da policía da segurança pública en Lisboa. No 2017 remata o nivel superior na academia de dirección do Vall D ´Albaida en Valencia cos mestres José Rafael Pascual Vilaplana, Ramón García i Soler e José Miguel Fayos Jordán.
A súa experiencia profesional comeza como director titular da banda de música de Sanxenxo (2012-2015), coa que consegue o 3º premio no XIII Certame provincial de bandas de música da Deputación de Pontevedra. No 2015 comeza unha etapa como director da escola e director artístico da agrupación musical de Goián, onde consegue diversos premios, salientando o 1º premio no XIII Certame Galego de Bandas de Música na sección terceira no Auditorio de Galicia.
Actualmente compaxina o seu posto co de director titular da agrupación musical Lira de San Miguel de Oia en Vigo dende 2019.
Imparte talleres de dirección en distintas escolas de música enfocado hacia o alumnado ou o profesorado. Estrea diversas obras sinfónicas do compositor Andrés Álvarez Hernández, e espectáculos como "Pelepau sinfónico" co grupo tradicional galego. Dirixiu solistas como a fadista Ana Lains, Rosa Cedrón, Abraham Cupeiro, Serafín Zubiri,...
Foi convidado como director en distintas agrupacións como a banda de música de Candeán, banda de música de Chapela, Unión musical de Valladares ou a banda de música de Pontevedra.
No ano 2019 consegue o 1º premio no I concurso de dirección organizado pola banda de musica de Pontevedra.