Banda de música cultural de Teo
A Banda de Música Cultural de Teo nace en 1989 sendo o seu director, Gervasio Salgueiro Estévez. Pasaron tamén sucesivamente Manuel Abelleira, Lourenço da Silva Cruz, Xosé Varela Pardo, Miguel Rodríguez Barrio, Álvaro Varela Ferradáns e Fran Fernández Pérez, actual director desde 2019.
- 1991 grava por primeira vez para a Radio Galega. En Mollet de Valles realiza varios concertos para o Centro Galego.
- 2000 colabora coa TVG e coa TVE-GALICIA. Organiza a primeira edición do “Festival de Bandas de Música de Santa Mª de Teo”.
- 2006 grava o primeiro traballo discográfico da agrupación, “Ó xeito do corpo”.
- 2007 participa nos actos na Honra do patrón de Galicia organizados polo Centro Galego de Santander. En novembro acada o 3º premio na 2ª sección no “I Certame de bandas de Galicia “.
- 2008 participa no “II Certame de Bandas de Galicia”.
- 2010 participa no XI Certamen Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda” (Aranda de Duero).
- 2011 acada o 3º premio na 2ª sección no “V Certame de Bandas de Galicia”.
- 2012 grava e presenta o seu segundo traballo discográfico, “Por vós…para todos”, dedicado aos dous primeiros directores e ao periodista Nicolás Camino. Organiza o 1º campamento de verán. Participa no “VI Certame de Bandas de Galicia”, acadando o premio á mellor interpretación dunha obra de temática galega.
- 2014 celebrouse o 25 aniversario da Banda, realizando distintas actividades, entre outras, o Concurso de Composición de Pasodobres ""25 aniversario Banda de Música Cultural de Teo"", onde o gañador foi ""Soñar en Xirimbao"" do compositor toledano Ángel Luis Fernández. En novembro, preséntase ó “VIII Certame de Bandas de Galicia” e acada o 1º premio na 1ª sección.
- 2016 preséntase ó “III Certamen Internacional de Bandas de Música Armónico” en Toro (Zamora) e tamén ó “X Certame Galego de bandas de música” onde acada o 1º e 2º premio respectivamente na 1ª categoría.
- 2017 preséntase ó “XI Certame galego de Bandas de música populares” acadando o 1º premio na sección primeira.