Banda da escola de música de Rianxo
Casa da Cultura - Praza Castelao nº 218
escolademusicaderianxo@gmail.com
https://escolademusicaderianxo.entidadesderianxo.gal/
671058555
Nace como un proxecto educativo para servir de complemento á educación dos/as mozos/as rianxeiros/as. Como resultado desta iniciativa cultural, xorde no ano 2003, con alumnos da propia escola, a Banda da Escola de Música de Rianxo. Na actualidade conta con 60 músicos.
De resultas disto, a banda nestes quince anos, mostra unha madurez extraordinaria que deu como froito no ano 2008 1º premio no II Certame Galego de Bandas na sección terceira; e no 2016 1º premio no X Certame Galego de Bandas na sección segunda, celebrados en Santiago de Compostela.
Des
Mención especial merecen os concertos especiais que fai cada ano ao remate do verán, cunha temática diferente: Concerto de bandas sonoras coa proxección de fragmentos da película, concerto de obras orixinais para bandas de música, concerto baseado en obras literarias, concerto “Unha Noite de Amor con Lela”, concerto co trío Vaamonde, Lamas & Romero, concerto co grupo “Carapaus”, concerto de banda e narrador, concerto co Grupo de Baile e Música Tradicionais Brincadeira, e concerto de Malabares con PistaCatro.
Fai a estrea das obras: Fantasía Rianxeira de X. Carlos Seráns, Retrincos de David Fiúza, O Jazz na Banda de Roberto Somoza, Lembranzas do Mar, Sinfonía no2: “A Lenda de Paio Gómez Chariño”, Serengetti, Overtura en Miniatura e Man de Antón Alcalde, Fanfarrias Xacobeas de Juan Durán, e Máis Ala! de Iago Hermo.
Desde os seus comezos, o responsable da Banda da Escola de Música de Rianxo é o seu Director D. Rafael Collazo Moares.