Banda de música xuvenil de Barro

Banda de música xuvenil de Barro

A Banda de Música Xuvenil de Barro nace en decembro do ano 1992, ó amparo dun grupo de pais e nais do Concello de Barro organizados na «Asociación Cultura e Xuventude de Barro». O fin de esta iniciativa foi nun primeiro momento o fomento da cultura musical no Concello de Barro, pero pronto este propósito se expande por toda a xeografía galega. 
A BXB creceu rapidamente, conseguindo nestes 25 anos una plantilla estable de 40 músicos do Concello de Barro e do resto da súa comarca. Ademais de esta iniciativa, a Asociación puxo en marcha unha escola de música, para así poder formar ós músicos e lograr un crecemento musical dos seus alumnos, e polo tanto da súa Banda de música. Gracias a isto conta na actualidade con varios músicos profesionais nas súas filas. 
Entre os premios obtidos pola BXB ó largo da súa historia cabe destacar os seguintes:Terceiro premio no certame “Villa de Aranda del Duero” (2004), Primeiro premio e mención de Honra no I certame galego de bandas de música (2007), Primeiro premio e mención de honra no VII certame provincial de bandas de música de Pontevedra (2007), Segundo premio no IX certame provincial de bandas de música de Pontevedra (2009), Primeiro premio no II festival zonal de bandas de música, zona Pontevedra (2009), Primeiro premio no III festival zonal de bandas de música, zona Pontevedra (2010), Primeiro premio no IV certame galego de bandas de música (2010). 
Con motivo da celebración do 25 aniversario da banda, editouse un libro sobre os 25 anos de historia da agrupación titulado “Froito dunha ilusión” escrito por Celso García Alonso. 
Dende os seus inicios, tivo varios directores, sendo o primeiro D. José Bugallo Senra, sucedendo Dña. Milagros Valiño, D. Manuel Martínez, D. Daniel Portas, D. José Varela, D. Alejandro Cimadevila, D. Alberto Busto Castaño, D. Santi Mella García e na actualidade D. Pedro Torres Díz.