Banda de música de Agolada

Banda de música de Agolada

No ano 1993, continuando co espíritu musical da desaparecida Banda de Música Cultural de Brántega fórmase a Banda de Música Municipal de Agolada, impulsada pola Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada presidida por D. Andrés Otero Vázquez. O seu primeiro director foi D. José Manuel Collazo Verde, que creou o que sería despois a Escola de Música Municipal de Agolada. 
No ano 1994 faise cargo do proxecto D. José Luis Quintás Carreira, quen realiza unha labor de promoción da escola e unha renovación da plantilla. En 2007 toma o relevo da dirección o clarinete principal da banda, D. Nilo Jesús García Armas, dando paso a unha etapa de colaboracións novedosas cun grupo de baile moderno, a Orquesta Los Satélites e con solistas como a gaiteira Susana Seivane.

En 2017 o mestre Miguel Adrián Pazos Alonso toma o cargo de director da banda e da escola de música. Iníciase un novo proxecto con infinidade de actividades e concertos innovadores e apóstase fortemente pola escola, logrando que o número de compoñentes aumente notablemente. Comeza un proceso de adquisición e renovación de gran parte do material e instrumental da asociación. 

A Banda de Música Municipal de Agolada ten realizado concertos e actuacións por toda a xeografía galega, Portugal e diversos puntos de España (Valencia, Murcia, Bilbao...), participa en festivais de bandas e organiza o seu propio Festival de bandas de Música Marcos Areán
Participa en diferentes certames, acadando varios premios:

  • Certame de Bandas da Deputación de Pontevedra: 1º premio en sección 3ª 2001 e 2002, 2º premio en sección 2ª en 2004, 1º premio en sección 2ª en 2008
  • Certame Zonal de Bandas de música da Deputación de Pontevedra, sección 2ª: 1º premio no 2009 e 2º premio no 2014
  • Certame Galego de Bandas de Música, sección 2º: 1º premio en 2008, 2º premio en 2011 e 2º premio en 2014
  • Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia, 3º premio na sección 2ª en 2012
Gravou dous traballos discográficos, un para conmemorar o seu 15 aniversario e outro titulado Unha década de Certames
Na actualidade a Banda de Música Municipal de Agolada está formada por cincuenta profesores, e conta cunha escola de música integrada por oitenta alumnos. Moitos deses alumnos xa forman parte da banda infantil e da banda xuvenil, formacións que garanten o futuro da banda. A fronte da dirección titular da banda e da escola está o xoven mestre D. Miguel Adrián Pazos Alonso.