Banda de música de Ordes
Campo da Feira s/n
info@bandadeordes.com
https://bandadeordes.com/
669127317
Empeza en 1989 un proxecto moi ambicioso, recuperar a Banda de Música de Ordes. Tras longos esforzos, en 1991 a Banda Amigos da Música de Ordes dá o seu primeiro concerto con 18 músicos, dirixidos por D. Maximino Boga Ramallo. Neste primeiro concerto os músicos interpretan "Balada Gallega" , "Himno Europeo" e "Himno Galego", para familiares e amigos da Asociación.
En 1993 a banda comeza a súa andadura pola xeografía galega, dando o seu primeiro concierto en Ordes, e seguindo por lugares como Arteixo, Narón, Cee, Pobra do Caramiñal, Betanzos, A Capela, Monasterio de Monfero, Negreira, Oroso,... Nestes anos era dirixida por D. José M. Freire Candal.
A partires de 1995 empeza a incorporar membros procedentes da escola de música, ao igual que o director, D. Xaquín M. Gonzalez Costoya (trompeta da banda) que no ano 1996 toma o relevo do director anterior. No ano 2006 pasa a dirixir a banda Fernando Gontad Losada, antigo músico da Banda Unión de Lantaño, saxo solista da Banda Municipal de Santiago de Compostela e profesor da escola de música de Ordes, cargo que deixa no ano 2015.
Nese mesmo ano, Manuel Otero Paino, músico trompeta da Bandeira, e tamén director da escola de música de Ordes, faise cargo da dirección da Banda ata o ano 2018 no que deixa o cargo en substitución de Oscar Prieto Sanmartín. No ano 2020 faise cargo da dirección Enrique Lagares Rivas.
Ao longo de todos estos anos, a Banda de Música, ven realizando aoredor de 35 actuacións anuais, recorrendo os distintos concellos de toda Galicia. Ademais das actuacións, realiza intercambios culturais, como é o caso de "Lembranzas do Tambre" de Sigüeiro, da Coral Polifónica "Santa Eulalia" de Senra, Banda de Música de Hoya Gonzalo (Albacete), a Filvar de Góis (Portugal) ... e participacións en Certámenes de Banda como "II Certamen de Bandas de Barro", "Arzua", ou o 1 certamen de Bandas de TVE.
No ano 2004, a Banda de Música de Ordes graba o seu primeiro CD, tendo gran acollida e recibindo boas críticas por parte do público. No mes de Decembro de 2010, a Banda graba o seu segundo CD, "Maximino". No ano 2016 co gallo da celebración dos 25 anos da Banda gravou o seu terceiro disco.
Debido á pandemia da COVID-19 as actividades da Banda tiveron que reducirse ao ámbito virtual, máis pouco a pouco voltan á normalidade a través de ensaios seccionais e ao aire libre.