Unión Musical de Coruxo
Estrada do Vao nº 65
umcoruxo@gmail.com
672106120
Dende entón, participou activamente na vida cultural da cidade, o que lle valeu o título de vigués distinguido, a máxima condecoración do concello olívico. Amais, estivo presente en acontecementos de relevancia, coma a recepción á S. M. D. Xoán Carlos I na final de Copa do Rei de 1994, ou a multitudinaria procesión do Cristo de Vigo que reúne anualmente a máis de 300.000 fieis. Tamén competiu en distintos certames provinciais e nacionais, alzándose entre outros co primeiro premio no quincuaxésimo terceiro Certame de Bandas Cidade de Cullera.
Malia á súa dilatada traxectoria, a UMC conserva o seu espírito novo grazas, en grande medida, á forza da súa propia escola de música: un auténtico viveiro de futuras promesas e da que xa teñen saído intérpretes de renome internacional.
Cunha decidida aposta por innovar, pero dende o respecto á tradición dunha banda que o pasado ano celebrou 140 anos de historia, o seu director D. Javier Quintas Alonso presenta un repertorio variado e que gusta por igual a netos e avós.