Banda escola de música de Vilaboa
Lugar Pazos nº 1 A - San Adrián de Cobres
escolademusicavilaboa@gmail.com
https://escolademusicavilaboa.blogspot.com/
627128903
Participou no programa Música nas Parroquias (2015, 2016) dando concertos de presentación nas parroquias do concello. En 2017, 2018 e 2019 realiza concertos conmemorando o Día de Rosalía, Mulleres que transforman realidades: Ti eres a nosa protagonista no Día Internacional da Muller, Día das Letras Galegas, Mostra do Viño de Vilaboa, Domingos con Encanto, Entroido de Cobres. En 2016 realiza un Concerto Musicopoético ó abeiro do Ano Castelao recitando a Castelao e Cabanillas coa música galega como protagonista.
Contratada por numerosas comisións de festas, promove e participa en intercambios musicais, xornadas de convivencia e festivais de bandas coas Escolas de música de Lousame, A Illa de Arousa, Cambados, Mougás, Barro, Chapela, Belesar, Vilatuxe, Marín e co Conservatorio de Música Municipal de Cambados. Pon o toque musical nas festas patronais do concello e organiza homenaxes a persoaxes destacados da vila ( Mestra Fina de Barciela, ao impulsor da Escola de Música D. Tomás Boullousa e ao mestre de música D. Delio Fernández).
Actú
Compart