Unión Musical de Valladares
Estrada Xeral de Valladares nº 233 - Valladares
info@bandavalladares.com
http://www.bandavalladares.com/
657969653
A Banda de Música Union Musical de Valladares fundouna no ano 1902 un grupo de afeccionados, sendo unha das poucas agrupacións bandisticas galegas que en ningún momento chegou a extinguirse. A súa actividade sociocultural xira en torno ó Centro Veciñal e Cultural de Valladares, onde se desenvolven as actividades culturais, deportivas e veciñais da parroquia.
A actividade da Banda de Música iníciase na súa Escola de Música con rapaces dende os 4 anos e clases de: Música e Movemento, Linguaxe Musical, Óboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompa, Trompeta, Fagot, Violonchelo, Contrabaixo, Trombón, Bombardino, Tuba e Percusión. Conta coa Agrupación Musical da Escola de Música de Valladares.
Participa en diferentes certames obtendo premios como 1º premio Bandas de Música de Galicia: Cangas, 1985; Vigo, 1986 e Lalín, 1991. 2º premio no Certamen Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia 1997, Certamen Internacional de Bandas Villa de Altea (2º premio en 2000 e 1º en 2017), 2º premio do Certamen de Bandas en Campo de Criptana-Ciudad Real, 2007; 1º premio sección 1ª Certamen Internacional de Bandas Ciudad de Valencia 2010, 1º premio en sección especial no Certame Galego de Bandas 2010, 1º premio de sec. especial no Certame Provincial en 2011 e 2012.
Anualmente realiza un programa de concertos adicados ós Amigos da Música, os concertos Un mar de Bandas en Vigo, actuacións a través da Deputación, participa en festivais de bandas, festas, romarias, Concerto de Nadal,….
Realizou concertos como Vaia Banda con Odaiko, O Crebanoces con títeres, Concertos con Director convidado (con Francisco Pérez, Juan Lois, Marcel van Bree, José Luis Represas), ou con solistas convidados, Música de cine, Peer Gynt co grupo de Teatro Escoitade de Valladares ou coa Banda de Gaitas Xarabal. Actúa na Casa da Música (Oporto 2016) e no Retiro (Madrid 2017).
En 2020 por mor da Covid19, a labor na escola e na banda limitouse a clases virtuais, en maio de 2021 ofrece o seu primeiro concerto e en xuño autorízase o CEMU Profesional Unión Musical de Valladares. Na pandemia xubilouse tras 50 anos de adicación o director D. José Iglesias Ramilo, tomando o seu relevo o clarinete solista da banda, D.César Posada Figueiras.