Banda de Música de Sarria
- Rúa Pedro Saco nº 4
- bandamusicasarria@gmail.com
- 648 20 82 60
Despois de pasar por varios nomes, como Banda de Mendrós (Vilar de Sarria) ou Unión Musical Sarriana, xurde unha organización de apoio e unha escola de educandos, da que hoxe a banda toma o seu nome.
Sucedéronse na batuta Andrés Piquero Cabrero, Indalecio Fernández Groba, Enrique García Rey, David Iglesias Domínguez ou Manuel Gato Soengas.
En outubro de 1993 toma a dirección da banda e da escola de música Xosé Antón González Rodríguez.
Coa inscrición da escola no rexistro da Xunta de Galicia en 1998, o Concello farase cargo da xestión tanto da escola como da banda de música, pasando esta a denominarse Banda Municipal de Sarria.
Actualmente o plantel está formado por corenta e sete atrís e existe unha boa canteira de músicos noveles, aos que inician e instrúen sete profesores nas distintas modalidades.