Banda de música de Lourenzá

Banda de música de Lourenzá

A Asociación Cultural Banda de música de Lourenzá formouse na primavera de 2020 para dar un paso adiante na cultura musical local de Lourenzá xunto coa Escola de música, formada por mozas e mozos e non tan xóvenes do concello e das súas proximidades e contando co gran apoio do Excmo. Concello de Lourenzá. Ten como obxectivo facer chegar a súa música a tódolos rincóns posibles, tanto da nosa comunidade como do resto de España.


A Banda de música de Lourenzá fai a súa primeira aparición pública o día 2 de xaneiro de 2021, no concerto de Aninovo organizado pola asociación na Igrexa de Santa María, no corazón do concello de Lourenzá. Contou con 14 músicos, dos que 11 eran alumnos da súa escola de música.


Ao longo de todo o ano leva a cabo actividades de distinto tipo como concertos didácticos (Letras GAlegas no CEIP Terra Chá de Román, Vilalba), colaboracións co Concello de Lourenzá (Acto das Letras Galegas 2021, Música nas Parroquias, ...), concertos organizados pola Asociación (Concerto de Aninovo, concerto de Primavera,...) e incluso realiza actuacións para a Deputación provincial de Lugo dentro do Programa Musiqueando 2021 por lugares do norte da provincia.


En 2022 intégrase na Federación Galega de Bandas de Música Populares, na que están rexistradas a maioría das bandas de música da nosa comunidades, dando así aos seus compoñentes un plus de seguridade e tranquilidade en tódolos aspectos e tendo a posibilidade de ampliar as súas actuacións a outros lugares fóra da provincia.