Banda de música municipal da Estrada
Avenida Benito Vigo nº 94, baixo
bandamunicipaldaestrada@gmail.com
623350731
A nosa historia remóntase a o ano 1869. Dende aquel entón a banda actuou e segue actuando nas numerosas festas patronais do concello e tamén leva o nome do pobo fóra de él e sendo unha das agrupacións con máis historia de Galicia con case un século e medio enchendo de música a nosa vila, ben sexa en festas, concertos ou actos protocolarios. Durante todos estes anos a Banda foi testigo de xeracións e xeracións de músicos, pero a esencia da Banda segue a ser a mesma: facer chegar a música a todas a persoas que nos sexa posible.
A Banda Municipal da Estrada foi a primeira Banda de Música de Galicia en cruzar o océano Atlántico na década dos oitenta do pasado século. Os destinos foron Venezuela e Arxentina.
O xerme da Banda Municipal da Estrada foi polo ano 1840, cando un grupo de músicos da zona se xuntaron para facer música. No ano 1869 a banda constituiuse como unha institución Municipal baixo a batuta do mestre Vicente Novoa. En 1941 a agrupación experimenta un gran avance gracias ao apoio da corporación Municipal da Estrada.
Destacan directores como Luís Valdés Mota, Bernardo del Río, Juan Moldes Touza, Rogelio Groba, Enrique Gonzále
En febreiro do ano 2020, colle a batuta da agrupación o mestre Santiago Mella García cunha profunda remodelación da mesma.
A partir de febreiro do ano 2023, e ata a actualidade, será o mestre Álvaro Varela Ferradáns o encargado de levar a batuta da agrupación polos distintos lugares da contorna galega. O pasado mes de xullo, a agrupación vén de participar no XXIII Certamen Internacional de Bandas de Música “Villa de Aranda”.
Currículum do Director
Álvaro Varela Ferradáns
Nace en Vigo en 1978. Con 8 anos, trasládase a vivir a Merza donde empeza a estudar música na Escola de Música da Banda Artística de Merza. Pouco despois, comezará a cursar estudios oficiais de trompeta no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, obtendo en 2001 o título de profesor superior de trompeta. Cursará tamén estudios oficiais na Universidade da Rioxa donde se licencia en Historia e Ciencias da Música en 2014. Acadou en 2002 na Universidade de Santiago de Compostela o Curso de Adaptación Pedagóxica – CAP (hoxe máster en profesorado). Como trompetista forma parte e colabora con gran variedade de agrupacións como a Banda Artística de Merza, a Banda Municipal de Santiago, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Banda Sinfónica de Galicia, a Orquestra de Cámara Galega, o Quinteto de Metais “Merza Brass”…No campo docente, hay que destacar que en 2004 ingresa mediante concurso-oposición no corpo de profesores de educación secundaria da Xunta de Galicia; e desde entónfoi profesor de música en distintos institutos galegos (actualmente no IES Laxeiro de Lalín). Durante máis de 5 años foi profesor de trompeta no Conservatorio “Reveriano Soutullo” de Ponteareas e ten impartido clases e cursos en diversas escolas de música (Escola de Música Municipal de Vila de Cruces, Escola de Música de Teo, Escola de Música da Banda de Torroso,...)
No ámbito da dirección comezou dirixindo a Coral “S. Salvador” de Camanzo. Entre 2006 e finais de 2007 asume a dirección da Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) e desde decembro de 2007 hasta finais de 2019 foi director artístico da Banda de Música Cultural de Teo. Con estas agrupacións acadou premios e distincións importantes, gravou discos e viaxou por gran parte da xeografía nacional. Dende febreiro de 2023 é director artístico da Banda de Música Municipal da Estrada.