17
AGO
2016

Verónica Cagigao Bautista

Verónica.Cagigao.BautistaVerónica Cagigao nace nace na Coruña e finaliza no ano 2010 os seus estudos superiores de Percusión no Conservatorio de Música de Canarias (Tenerife) con Paco Díaz, obtendo Matrícula de Honra. A partir dese momento, comeza os seus estudos de máster en LUCA School of Arts (Béxgica) co marimbista internacional Ludwig Albert. En 2014 conclúe o seu segundo máster na especialidade de Marimba e o seu primeiro máster na especialidade de Música de Cámara coa máis alta cualificación: Suma Cum Laude. Ademais disto, completou a súa formación recibindo clases maxistrais con mestres como: N. J. Zivkovic, V. Mendoza, Chin Cheng Lin, N. Zeltman, E. Sejourné, N.Woud e J. Putsjens, entre outros.

Na actualidade é profesora de percusión no Conservatorio Superior de Música de Aragón e membro fundador de Tak­Nara Percussion Group dende 2008. Con este último realizou numerosas actuacións en diversos puntos de España, Europa e EEUU participando en diversos festivais internacionais. En 2010 sae ao mercado o seu primeiro traballo discográfico titulado TAK­NARA.

Recibiu varios premios dos cales cabe destacar: 2o Premio no “Concurso de Marimba” (La Palma 2007), 3o Premio en “Giornatte de la Percussione” (Italia 2009), 2o Premio e Premio do Público en “Marimba Universal Competition and Chamber Music” (Bélxica, 2011) con Tak­Nara Percussion Group, Premio Injuve da Creación Joven 2011 con Tak- Nara Percussion Group e 2o Premio en “Premios María Orán 2013” con Tak­Nara Percussion Group.