26
XUñ
2017

Sixto Herrero

Nace en Rafal (Alacante) onde comeza os seus estudos de música con José Mirete. Realiza os estudos superiores de saxofón con Jaime Belda no Conservatorio de Alacante. No Conservatorio Superior de Valencia estuda composición con Ramón Ramos e dirección de orquestra con Manuel Galduf.

Gravou un CD co Cuarteto de saxofóns Ars Musicandum titulado “A las nueve, Lord Berri”. Participou como solista en gravacións para Radio Nacional de España coa Orquestra de Cámara Ciudad de Elche e colaborou coa Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia. Foi convidado a participar nos congresos mundiais de saxofón de Valencia, Montreal e Minnesota.

Como compositor ten estreado numerosas obras, editou as coleccións para saxofón “Podemos hablar”e “Viajeros al tren”. Obtivo Mención de Honor no II Concurso de Música Relixiosa Fernando Rielo de Roma (Italia) coa obra “Huéspedes de la luz” para voces e orquestra, Mención de Honor no II Concurso Internacional de Composición de Montreal (Canadá) co cuarteto para cordas “Ignotalías”, gravado polo cuarteto Molinari co selo ATMA Classique e primeiro premio de composición no Festival Ensemblia (Alemaña) co cuarteto de cordas titulado “Quera”. Gañou o concurso de composición Ablaze Records (Cincinati, USA) coa obra para orquestra sinfónica “SAJA”.

Doctorado pola Universidade Politécnica de Valencia sobre a creatividade musical a partir do estudo dos Cantes Mineros Flamencos, actualmente é profesor da cátedra de composición do Conservatorio Superior de Música de Murcia; director titular da Orquestra Ciudad de Orihuela; director do grupo instrumental CIMMA 2,0; fundador e compoñente do cuarteto de saxofóns “Ars Musicandum”. Imparte un seminario anual de análise e interpretación para saxofón.