25
XUñ
2017

Santiago López

Estuda na súa cidade natal, Santiago de Compostela, con Sally Albaugh e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia con Juan Carlos Otero.

Continúa a súa formación con Marco Postinghel, no Richard-Strauss Konservatorium de Múnich, con bolsa da Deputación de A Coruña e da Fundación Pedro Barrié de la Maza.

Tocou na Joven Orquesta Nacional de España e participou na Gustav Mahler Academy en Italia. Como fagot solista é invitado en orquestras como a Orquesta Sinfónica del Gran Teatre del Liceu de Barcelona e a Orquestra Sinfónica de Galicia, e colabora entre outras coa Münchner Symphoniker e a Real Filharmonía de Galicia, realizando concertos en Europa e Asia, con directores como Fabio Luisi, Eliahu Inbal, Bertrand de Billy, Michel Plasson, Vasily Petrenko, Rafael Frühbeck de Burgos ou Sir Mark Elder.

Imparte cursos en Galicia, EIO Gazte e na Joven Orquesta de Castilla e León e coma concertista os seus recentes compromisos inclúen concertos coa Orquesta Vigo430 interpretando a sinfonía concertante de Mozart, e o concerto para fagot e orquestra de Mozart na tempada de abono da Orquesta Sinfónica de Bilbao co director Erik Nielsen.

É fagot solista da Orquesta Sinfónica de Bilbao, actividade que compaxina cunha interesante labor na música de cámara en grupos coma o Airas Ensemble.