25
XUñ
2017

Rubén Simeó

Nace en Vigo en 1992. Comeza os seus estudos musicais no conservatorio desa cidade co seu pai J. V. Simeó, amosando dende moi cedo unhas facultades excepcionais na trompeta, realizando concertos en grandes auditorios e programas de televisión, con gran éxito de público e crítica musical, que eloxian a súa madurez técnica e interpretativa a tan corta idade.

Dende os 8 anos, obtén grandes premios nos mellores concursos nacionais e internacionais, como Yamaha en Madrid, Ciudad de Vigo, Porcia (Italia), Benidorm, Maurice Andre (París), Bruxelas, Selmer (Francia), P. Jones (Gebwiller, Francia),… sendo sempre o concursante de menor idade de todas as súas edicións en conseguilo. Dende moi pronto, participa continuamente en programas radiofónicos e televisivos como TVE, Antena 3, Canal 9, TVG, TV. Francesa, Cuatro, Radio Clásica, TV Tokio, Radio France, LPTV,…

Con 12 anos actúa como solista coa Orquesta Sinfónica da RTVE no auditorio nacional de Madrid e en Zaragoza, dirixido por Adrian Leapper, e retransmitido no concerto de Nadal para todo o mundo por Televisión Española Internacional. Tamén participa en varias ocasións no programa El Conciertazo, Pizicatto,…Dende entón, participa asiduamente en distintos programas televisivos e radiofónicos. A esa idade realiza tamén a súa primeira gravación Ensueño, que presenta cunha ampla xira de concertos por España e Portugal.

Realiza cursos e clases maxistrais como pedagogo por distintos países como Estonia, Portugal, España, Francia, Xapón,…Actúa regularmente con grandes orquestras e agrupacións sinfónicas como a Orquestra de Munich, RTVE, Valencia, Viana do Castelo (Portugal), Sinfónica de San Cristóbal (Venezuela), Guarda Republicaine (París), Palma de Mallorca, Sinfónica de León, Sinfónica de Alicante, Filarmónica Cannes, Niza, Nantes, Orquestra Metropolitana de Lisboa, E. Romagne (Italia), Torrente, Siena Wind Tokio, Sinfónica Kanazawa (Xapón), París, Sttugart, Sinfónica de Galicia,…ou coas bandas sinfónicas municipais de Valencia, Alacante, Cidade Real, UM Lliria, G. Republic. Francesa, Pensilvania (clausura curso internacional I.T.G.), Comunidade de Madrid, Nantes, Portugal,…

En xullo de 2005 con 13 anos, actúa, convidado por Maurice André, na Semana Internacional da Trompeta celebrada en Burdeos (Francia), con grande éxito de crítica e público.

En 2008 actúa en Lille xunto a Michel Becquet e Maurice André, resaltando éste de Rubén as súas condicións técnicas excepcionais, inauditas en tan temperá idade. Ten gravado varios discos, editados por todo o mundo e ten programada a gravación do Concerto Ibérique de V. Cosma xunto á Garde Republicaine de París.En 2008 recibiu en Stuttgart (Alemaña) o Premio Europeo para a Cultura, como recoñecemento á súa brillante carreira concertística.

Actualmente é Concertista de trompeta así como solista do Holencours Soloist Chamber Orchestra.

Dende o pasamento do mestre Maurice André, continúa estudando baixo a tutela de Vicente Campos, no Conservatorio Superior de Castellón.