25
XUñ
2017

Ricardo Pedrares

Ricardo Pedrares Patiño cursa actualmente un Master en Trombón na Juilliard School en Nova York, baixo as ensinanzas do mestre Joseph Alessi. Finalizou os seus estudos de Grao Superior na especialidade de Trombón, coa cualificación de matrícula de honra, no Conservatorio Superior de Música de A Coruña no ano 2015. Tamén posúe a titulación de Grao Profesional coa cualificación de matrícula de honra e o premio extraordinario Fin de Grao.

É membro da Banda de Música Municipal de Brión dende o ano 2003, onde comeza os seus estudos musicais. Tamén é membro de la Banda de Música Artística de Merza dende o ano 2009. Ademais colabora regularmente con diversas Bandas de Música de toda xeografía Galega.

Participa en diversos cursos e asiste a clases con diversos mestres e integrantes de orquestras sinfónicas tales como: Carlos Figueira Abuín, Petur Eriksson, Arturo Centelles, Iago Ríos, Faustino Núñez, Alberto Urretxo, Santiago Blanco, Michel Bequet, Ingemar Ross, Amanda Stewart, Colin Williams ou Toby Oft entre outros. No ano 2008 é seleccionado como alumno activo da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia (EAEM), recibindo clases de Jon Etterbeek (trombón principal da Orquestra Sinfónica de Galicia) dende o ano 2008 ata o 2011 inclusive, durante os cales tamén participa en diversos encontros orquestrais e integra diversos grupos de cámara.

Foi seleccionado para diversas orquestras xuvenís a nivel nacional e internacional, tales como a Nova Orquestra Galega das Artes (2007), JORCAM (Xoven Orquestra e Coro da Comunidade de Madrid, 2011), Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia (2008-2013), NJO (Xoven Orquestra Nacional de Holanda, 2009), Schleswig-Holstein Festival Orchestra (2010-2011), EUYO (Orquestra Xoven da Unión Europea, 2014-2016) e a Gustav Mahler Jugendorchester (Xoven Orquestra Gustav Mahler, 2015).

Cabe destacar que, dende o ano 2010, colabora habitualmente en calidade de músico freelance con diversas orquestras profesionais de España, tales como a Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Extremadura, Orquestra Sinfónica de Navarra ou a Orquestra Sinfónica de Bilbao.

Recentemente foi seleccionado como finalista do concurso “Frank Smith Tenor Trombone Competition”, que terá lugar no Festival Internacional de Trombón 2017 en Redlands, California, do 28 de Xuño o 1 de Xullo.