17
AGO
2016

Pablo Dopazo Gondar

Pablo Dopazo GondarNatural de Cambados (Pontevedra), formouse no Conservatorio Profesional de Pontevedra con Manuel Martínez Villar, no Conservatorio Superior de Música do Principado de Asturias con Alfonso Mollá Castells e no Conservatoire National Supérieur de Musique et de Danse de Lyon con Mel Culbertson e Arnaud Boukhitine finalizando os seus estudos con Matrícula de Honor e Premio Fin de Carrera. Así mesmo, rematou os estudos de Master en Educación Secundaria na Universidade Internacional de La Rioja.

O seu interese polo mundo do bombardino e os seus antecesores, como o serpentón e o ophicleide, lévano a profundizar nos seus estudos con recoñecidos profesores e solistas de nivel internacional, como son: Rex Martin, Stéphane Labeyrie, Michel Godard, Jens Bjorn Larsen, Sergio Finca, Perry Oogendijk, Steven Mead, Shoichiro Hokazono, Jesper Boile Nielsen ou Alberto Póns.

Realizou concertos e recitais como solista en Estados Unidos (Chicago), España (Pontevedra, Santiago, A Coruña, Lugo, Oviedo, Xixón, San Sebastián, Murcia, Valencia, Madrid), Portugal (Porto, Figueira da Foz), Francia (Lyon) ou Suiza (Lugano, Basilea) formando parte de varias agrupacións: Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, Banda da Federación Galega de Bandas de Música, Banda de Tubas de Galicia, Keep in Touch Tuba Project, Banda de Música de Pontevedra, Banda de Música Ciudad de Oviedo, Joven Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, National Youth Orchestra of the Netherlands ou European Union Youth Wind Orchestra.

Actualmente exerce como docente no Conservatorio de Música de Cambados (Pontevedra) e no Centro de Formación Los Olmos (Cambados), tarefa que compaxina cunha intensa labor ofrecendo recitais e master­class difundindo o bombardino e os seus antecesores, o ophicleide e o serprentón.