26
XUñ
2017

Miguel Franqueiro

José Miguel Franqueiro Becerra coñece a tuba en 1996 da man de Miguel Rodríguez Barrio.

Participou en cursos impartidos por Carlos Seráns, Vicente Castelló, David Llácer, Jesper Nielsen, J. M. Redondo, Javier Castaño, Sergio Finca, Perry Hoogendijk, Dale Clevenger, Gene Pokorny, Sergio Carolino, Hakan Hardenberger, Stefan Dohr e outros importantes músicos.

Formou parte da “Joven Orquesta de la Sinfónica de Galicia” recibindo clases de Petur Eiriksson, Jhon Etterbeek, J. Aigi Hurn e Chriss Lee, da EWYO e da West-Eastern Divan Orchestra dirixida por Daniel Barenboim.

Realizou os seu estudos superiores de tuba no Conservatorio Superior de música de Vigo con Jonathan Vázquez Carrera, período no que asistiu a clases con José Manuel Redondo.

Foi dirixido por batutas da talla de Víctor Pablo Pérez, Vicente Alverola, Niklas Willem, José Collado, Michael Gilbert, Jean Ross, Vicente Alberola, Jan Cober, Alberto Zedda, Douglas Bostock, Daniel Barenboim, Lorenzo Viotti, Paul Daniel, Antoni Wit, Sachio Fujioka,…

Compartiu escenario con artistas da talla de Montserrat Caballé, Carmen Linares, Laura Alonso, Manolo Escobar, Carlos Núñez, Cristina Pato, Santiago Auserón,…

Este ano 2017 chegou á final para a praza de tuba da London Symphony Orchestra e acada a praza de reforzo na Orquestra do Teatro Regio de Torino.

Dende 2015 colabora na totalidade da programación da Real Filharmonía de Galicia e da Hulencourt Soloist Chamber Orchestra (Bruxelas), ademais de colaborar frecuentemente con outras orquestras como a Orquestra de Extremadura.

Actualmente é profesor de tuba, dirixe dúas bandas de música en Galicia e continúa a formarse con Javier Castaño no Teatro alla Scala (Milán).