27
XUñ
2017

Mateo Gómez Naval

Nace en Viveiro en 1988. Comeza os seus estudos de trombón á idade de 8 anos no Conservatorio Municipal de Música de Viveiro có mestre Delio Represas, e no cal remata os estudos de Grao Medio. Continúa a súa formación no Coservatorio Superior de Música de A Coruña cos profesores Arturo Centelles e Iago Ríos, acadando o título de Grao Superior na especialidade de trombón coas máximas calificacións.

Ao mesmo tempo asiste a numerosas clases maxistrais e cursos de perfeccionamento con mestres de prestixio internacional coma: Brand Attema, Jacques Mauger, Alberto Urretxo, Francisco Rosario, Petur Eiriksson, entre outros.

Foi membro activo da OJSG (Orquesta Joven da Sinfónica de Galicia)e da JOSCAN (Joven Orquesta de Cantabria). Na actualidade é membro da TWO (The World Orchestra) e da ADDA Sinfónica de Alicante. Así mesmo é trombón principal da Orquesta Gaos dende o ano 2009. Colabora con numerosas bandas e agrupacións de cámara de toda a xeogafía galega.

No ano 2010 estuda na Kungliga Musikhögskolan i Stockholm, sendo o seu profesor Hakan Björkman. Na súa estancia en Suecia colabora como músico invitado ca Swedish Radio Symphony Orchestra, ademáis de numerosas agrupacións do país escandinavo.

No ano 2012 acada o premio de 1ª Mención de Honra no concurso Excelencia Musical organizado pola Fundación Paideia. Grazas a este premio, ten a oportunidade de gravar un CD como intérprete solista xunto ó pianista Gabriel López.

Na actualidade está a cursar Dirección Orquestral e Coral no Conservatorio Superior de Música de A Coruña co mestre Fernando Briones. Así mesmo asiste a clases maxistrais de técnica de dirección con mestres da talla de Simone Fermani (Italia) ou Rafael Vilaplana, entre outros.

No ámbito da docencia é mestre de vento metal na Escola de Música Vila de Cedeira. Ademáis participa como profesor de trombón nos diferentes Campus de Banda Sinfónica organizados pola Federación Galega de Bandas de Música.

En xaneiro do 2014 faise cargo da dirección da Banda de Música Vila de Cedeira.