27
XUñ
2017

Marcos Galán

Marcos Galán inicia os seus estudos musicais na especialidade de óboe no seo da Escola da Banda Municipal de Lugo, dirixida por Indalecio Groba. Axiña cursa a súa especialidade no Conservatorio Superior de Santiago co mestre Fermín Feijóo, con quen remata os estudos superiores en 1998.

Durante esta formación asistiu a cursos cos mestres Alexey Utkin, Paul Opie, Thomas Indermühle, Stefan Schili, Hansjörg Schellenberger e Diethelm Jonas, entre outros.

Formou parte da Escola de Altos Estudos Musicais onde recibiu clases de Nick Deustch, da Xoven Orquestra de Galicia e da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia, onde Casey Hill, quen influíu decisivamente na súa formación.

Profesionalmete ten colaborado en numerosas ocasións coa Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra do Prinicipado de Oviedo, Orquestra do Norte de Portugal, Orquestra de Cámara Galega, Orquestra de Cámara de Xove, Orquestra Gaos, etc…

Dende o ano 2000 imparte clases no Conservatorio Profesional de música “Xan Viaño” de Ferrol.