25
XUñ
2017

José Vicente Faus

José Vicente Faus Faus é timbal da Real Filharmonía de Galicia e profesor da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia.

É membro do Grupo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) e membro do Duo de Música Contemporáneo “COLLOQUY” para saxo e percusión, que obtivo o diploma honorífico no Torneo Internacional de Música de Zaragoza.

Foi tamén membro do grupo de percusión de Zaragoza “Percusión Ensemble”.

Entre as orquestras ás que foi convidade constan: Orquestra Sinfónica Principado de Asturias, Orquestra Cidade de Oviedo, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Orquestra Sinfónica de Castellón, Orquestra Cidade de Granada, Orquestra Sinfónica de Sevilla, Orquestra Sinfónica de Bilbao, Orquestra Ciutat de Barcelona i Nacional de Catalunya, Orquestra de Cadaqués e Orquestra Grupo Enigma Zaragoza.

Foi profesor do Conservatorio Profesional de Música de La Rioja.

Participou como profesor de percusión na Joven Orquestra de Cataluña (JONC) e Orquestra Joven de Andalucía (OJA).

Ten realizado diversas masterclass e cursos de percusión en España.