25
XUñ
2017

Cristina Ortego

Nace en León onde realiza os seus estudos de contrabaixo no Conservatorio Profesional e cursa os estudos superiores no conservatorio de Salamanca cos profesores Damián Arenas e Ruth Alonso.

Posteriormente perfecciona a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia co profesor Carlos Méndez, solista da Real Filarmonía de Galicia.

No ano 2008 realiza un máster no Konservatorium Wien Privat Universität baixo a tutela dos profesores Ernst Weissensteiner, solista da Orquestra Sinfónica de Viena, e Herbert Mayer, solista da Orquestra Filarmónica de Viena.

Ten realizado clases maxistrais con artistas como Ferrán Sala, Antonio García Araque, Thomas Martin, Wolfgang Harrer, Josef Nieder Hammer, Alfonso Morán, Frano Kakarigi, Fernando Rodrigues e Mario Rodrigues entre outros.

Foi membro da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) durante os anos 2007-2010, e participou con distintas orquestras xoves españolas como as de Galicia, Asturias, Castela e León, Madrid e Andalucía entre outras.

Ten colaborado con diferentes orquestras como a Orquestra de Radio Televisión Española, Real Filarmonía de Galicia, Orquestra Nacional de España, Orquestra Sinfónica de Castela e León, Orquestra Sinfónica do Prinicipado de Asturias e Orquestra Cidade de León Odón Alonso, da que é compoñente dende 2005.

Dende o ano 2011 adícase á docencia, sendo actualmente profesora no Conservatorio Profesional de Música de Burgos.