17
AGO
2016

Carlos García Amigo

Carlos.Garcia.AmigoNace na Coruña en 1973 e inicia os estudos musicais co seu pai. Aos 11 anos iníciase na práctica do cello. Entre os seus mestres destacan Lito Iglesias, Dalibor Sebestik ,Gregor Hosch, Monique Bartels e Antoine Ladrette.

Nos seus anos de formación foi becado por diversas institucións como a ‘Fundación Barrié de la Maza’ e formou parte da ‘Xove Orquestra de Galicia’, da Xove da OSG, da ‘Schleswig­Holstein Musik Akademie Orchester’ así como do Grupo ‘In Itinere’ da USC.

En 2001 ingresa tras audición na ‘Real Filharmonía de Galicia’ coa que ten actuado en diversas cidades e escenarios do Estado así como de xira en Francia, Portugal, Arxentina, Brasil, Cuba…

Impulsor da Asociación de Violoncellistas de Galicia ’Soncello’ da que é socio co­fundador, tamén foi responsable do cuarteto de violoncellos de Compostela ‘Chelicia’ e membro do Trío Artabria e o Ensemble s21, este último consagrado á música contemporánea.

É un activo instrumentista no campo da interpretación con instrumentos de época, o que lle levou a colaborar con diferentes grupos de España e Portugal entre os que destacan ‘Ars Combinatoria’, ‘Alio Modo’, ‘Il Combattimento’, ‘Americantiga’..

Colabora asiduamente co Coro Infantil e Xuvenil ‘Cantabile’ da Coruña do que é feliz socio colaborador.

Na actualidade é director musical do grupo ́Herbens Consort’ onde ademais toca o violoncello e a Viola de Gamba (esta última aprendida de modo autodidacta).

Recentemente ven de colaborar en calidade de profesor coa ‘Federación Galega de Bandas Populares’, como violoncellista no primeiro CD da ‘Orquestra de Jazz de Galicia’ e como divulgador en diversos foros como o programa de actividades ‘ONde hai Música’, Soncello o TEDxGalicia.

Actualmente compaxina a súa labor profesional coa práctica do Taichi e a súa outra gran paixón que é correr.

Tamén prioriza a súa adicación ao seu canle en Youtube, onde periodicamente sube vídeos relacionados fundamentalmente coa práctica do Violoncello.