26
XUñ
2017

Benjamín Iglesias

Benjamín Iglesias Martínez nace en Viveiro en 1981. A Banda municipal de música de Viveiro e a Orquesta de Cámara de Xove xogan un papel crucial nos seus primeiros anos de formación. Durante estes anos inflúen moi positivamente nel profesores tales coma José Orentino Sueiro Menor, Delio Represas Carrera e José Luis Silva García. Remata estudos superiores no Conservatorio superior de música de Santiago de Compostela,e paralelamente a esta formación académica recibe clases de David Bushnell e Rodolfo Epelde. A continuación realiza un postgrado na Esmuc da man de David B. Thompson.

Recibe cursos de trompa e master-classes de David Fernández, Eric Terwilliger, MitchaelHötzel, FroydisReeWekre, Jose Luis Estellés, EldarNebolsin, etc…

Foimembro integrante da Ojsg (1998-2002)e da Jonde (2001-2004), onde recibe clases maxistrais de Kalervo Kulmala, Manuel Moya, Daniel Bourgue, e Manuel Pérez entre outros.

Ten colaborado con orquestas tales coma a Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Navarra, Orquesta Ciutat de Barcelona i Nacional de Catalunya, e Orquesta de Cámara de Menorca, entre outras.

Tocou diante da Orquesta de Cámara de Xove, a Orquesta Gaos e moi especialmente coa OJSG baixo a dirección de Rubén Gimeno.

No eido da música de cámara é membro fundador do cuarteto de trompas EnsembleBouché (co cal foron seleccionados para facer os circuitos de música do Injuve 2009, ministerio de cultura) Omega BrassEnsemble, con quen realiza concertos con regularidade, e ZoarEnsemble, con quen gaña diversos premios en concursos internacionais (Manresa 2010, 3º premio; Terrassa 2010, premio do público; semifinalistas Henri Tomasi, Marsella 2011).

Actualmente é profesor de trompa no Conservatorio Superior de música da Coruña.