17
AGO
2016

Anibal Sousa Fernandez

Nace en Salceda de Caselas en 1976. Comeza os estudos musicais co seu avó e posteriormente na banda do pobo.

Estuda nos conservatorios de Pontevedra, Santiago e Superior de Vigo. Ao 17 anos gaña a praza de trombón solista na Xove Orquestra de Galicia e aos 18 é becado pola Orquestra Sinfónica de Galicia, e aos19 aproba por oposición a praza de trombón solista da Banda Municipal de Santiago. Aos 26 anos, ingresa na Banda Sinfónica Municipal de Madrid. Con 27 anos gaña a praza de profesor de trombón do Conservatorio de Ávila, desenvolvendo esta actividade docente 5 anos.

Na actualidade ocupa praza de trombón baixo na BSMM, dirixe o Ensemble de Metales de Mota del Cuervo e imparte masterclass de trombón e música de cámara no Conservatorio Superior de Vigo.

Ten estudado con: Jay Friedman (Chicago Symphony), Charlie Vernon (Chicago Symphony), James Markey (New York Philarmonic), Michelle Becquet (Solista internacional), Scott Hartmann (Empire Brass), Enrique Crespo (German Brass) e Wespon Sprot (Metropolitan New York).

Colaborou coa Orquesta Nacional de España (ONE), Orquesta de las Arts (Valencia), Orquesta Reina Sofía, Orquesta de la Comunidad de Madrid (ORCAM), Orquesta Ciudad de Granada, Orquesta Sinfónica de Bilbao, Real Filarmonía de Galicia ou Orquestra Sinfonica de Galicia. Tocou baixo a batuta de Zubin Metah, Frubek de Burgos, García Asensio, López Cobos, Barshai, Josep Pons, Jan Cover,…

En música de cámara funda o grupo de metais Cataventus, o quinteto Brassmanía e o cuarteto de trombóns Nexus.

Funda a big band de Santiago de Compostela e na actualidade é trombón baixo da Spanish Jazz Big Band dirixida por Luis Cobos con sede en AIE.

Actúa como solista en recitais para trombón e piano en Galicia e Castela e León . Foi convidado como solista pola Banda Municipal de Santiago, Banda Municipal de Pontevedra, Banda Cultural de Salceda de Caselas, Unión Musical Santa Cruz de Ribadulla.

Como docente impartiu clases nas escolas municipais de Chantada, Negreira, Arca do Pino, Salceda de Caselas e Mota del Cuervo.

Ten impartido cursos na Federación de Bandas de Galicia, Joven Banda de Castilla y León, Conservatorio de Vigo, Conservatorio de Ponteareas, Conservatorio de Viveiro, Banda Municipal de Boiro e Banda de Santa Cruz de Ribadulla.

Estuda dirección na especialidade de Banda de Música no Conservatorio Superior de Castilla La Mancha.

Asiste con José Rafael Pascual Vilaplana dende 2009 aos seminarios que imparte en Madrid. Realizou cursos de perfeccionamento con Miguel Romea.

Dirixiu ensembles de metais en Santiago de Compostela, Salamanca, Vigo, Ponteareas, Avila e na actualidade dirixe o Ensemble de Metales de Mota del Cuervo.