25
XUñ
2017

André Cebrián

Natural de Santiago de Compostela, comeza os seus estudios da man de José Antonio Rey, Luis Soto, Laurent Blaiteau e Claudia Walker. Posteriormente estudia nos conservatorios de Salamanca, Detmold e Xenebra cos profesores Pablo Sagredo, János Bálint e Jacques Zoon. Paralelamente recibe clases de mestres como Emmanuel Pahud, Patrick Gallois, Clara Andrada, Jaime Martín ou Robert Winn.

É invitado regularmente como solista de frauta pola Orquestra Sinfónica de Castela e León e a Orquestra Sinfónica Cidade de Barcelona e Nacional de Cataluña. a Filarmónica de Gran Canaria, a Orquestra do Gran Teatre do Liceu ou a Orchestra Leonore de Pistoia. Asimesmo colabora con formacións como a Orchestra Mozart, a Staatskapelle Dresden, a Nacional do Porto, a Orquestra de Cadaqués, a Orquestra da Comunidad Valenciana, a Real Filharmonía de Galicia, a Sinfónica de Galicia ou o Plural Ensemble. Foi membro da Gustav Mahler Jugendorchester durante cinco anos así como da JONDE ou da Britten-Pears Orchestra.

Tocou baixo a batuta de directores como David Afkham, Lionel Bringuier, Antonio Pappano, Gianandrea Noseda, Sir Colin Davis, Hebert Blomstedt, Vladimir Jurowski, Vasily Petrenko, Daniele Gatti ou Franz Wesler-Möst.

Na música de cámara traballou con artistas como Radovan Vlatkovic, Klaus Thunemann, Hansjörg Schellenberger, Eduard Brunner, Jacques Zoon, Maurice Bourgue, András Schiff ou Karl-Heinz Steffens. Realiza unha importante actividade concertística co Dúo Finisterrae, o guitarrista Pedro Mateo González e o Natalia Ensemble.

Actuou como solista xunto a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Castela e León, a Orquestra Gaos, a Orquestra da Academia de Música de Cracovia, a Orquestra Sinfónica de Zabrze e a Orquestra de Cámara Galega. Foi premiado en concursos en España, Portugal e Polonia.

Impartiu cursos e masterclasses en diferentes escolas, conservatorios e orquestras de Europa, México e Sudáfrica.

Desde 2013 é Profesor de Frauta e Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música de Aragón.

www.andrecebrian.com